Universidade de Vigo

 

  

 

 

Universidade

de Santiago de Compostela

II Congreso Internacional de Onomástica Galega

Pontevedra, 19, 20 e 21 de outubro de 2006

 

Seccións do congreso

 

As comunicacións versarán sobre algún dos aspectos que se inclúen nas seguintes seccións:

 

1.      Antroponimia

Onomástica persoal, onomástica familiar, sobrenomes, hipocorísticos, etc.

Descrición, catalogación, historia ou etimoloxía de formas da onomástica persoal galega. Presenza de formas onomásticas de orixe galega no mundo. Sociolingüística dos nomes persoais. Outros aspectos da antroponimia de orixe galega.

 

2.      Toponimia

Descrición, catalogación, historia ou etimoloxía de formas toponímicas

Xeografía toponímica, toponimia e dialectoloxía, etimoloxía de topónimos. Estudos sincrónicos ou diacrónicos dos nomes de lugar dun ámbito xeográfico determinado. Deturpacións toponímicas e efectos do contacto de linguas. Tratamento da toponimia en fontes escritas.

 

3.      Outros nomes

Inclúense nesta sección outras formas onomásticas relativas a entidades non humanas singularizadas mediante a asignación dun nome propio, tales como edificios, establecementos comerciais, vehículos (nomeadamente barcos) ou animais domésticos (cans, vacas, etc.).

 

4.      Estandarización de formas onomásticas. Lexislación sobre os nomes propios

Aspectos relativos a cuestións legais (no pasado ou na actualidade) sobre as formas e as grafías dos nomes propios: nomes persoais, apelidos, topónimos, etc. Criterios para a representación gráfica de topónimos. Exónimos, traducións e adaptacións de nomes propios, etc.

 

5.      Onomástica literaria

Estudo das formas onomásticas (toponímicas ou antroponímicas) empregadas na literatura galega, na obra dun autor, nun xénero, nunha época, etc.

 

6.      Onomástica e didáctica

Aplicacións didácticas da onomástica. A onomástica na escola. Onomástica e coñecemento do medio. Onomástica e historia, etc.

inicio