II Congreso Internacional de Onomástica Galega

 

 

 

Inscrición e presentación de comunicacións

Para inscribirse no congreso, envíese cuberta a “folla de inscrición” que figura nesta páxina á Secretaría do Congreso:

Congreso Internacional de Onomástica Galega

Facultade de Filoloxía e Tradución

Universidade de Vigo

Campus das Lagoas – Marcosende

36310 Vigo (Pontevedra)

ou por correo electrónico a este enderezo:

 

Resumos das comunicacións

As comunicacións terán unha extensión máxima de 12 folios, tendo en conta que serán lidas en sesións de 20 minutos. Os participantes deberán enviar un resumo de aproximadamante 20 liñas por correo electrónico ou por correo ordinario á Secretaría do Congreso.

O texto completo da comunicación deberá presentarse en dúas copias: unha impresa en papel e outra en formato MS Word. Esta última pódese enviar por correo electrónico.

O prazo de recepción dos resumos remata o 15 de xuño de 2006.

Finalizado o prazo, farase pública a relación de resumos aceptados, que se lle comunicará  así mesmo a cada un dos participantes.

Xunto cos resumos deberá presentarse a folla de inscrición que figura nesta páxina. No mesmo texto do resumo deben facerse constar os seguintes datos:

·        Apelidos e nome

·        Enderezo completo

·        (Institución académica a que pertence)

·        Teléfono de contacto, enderezo de correo electrónico

·        Sección de preferencia

 


Inscrición

Tarifas de inscrición

 

Antes do15 xuño de 2006

Despois do15 xuño de 2006

Tarifa normal

60 €

80 €

Membros da AGOn:

30 €

40 €

Estudantes:

15 €

20 €

 

Nestas tarifas non está incluído o pagamento da cea de clausura. A inscrición para a mesma farase durante o Congreso.

A data límite de inscrición de comunicacións é o 15 de xuño de 2006. A partir desa data, só se admitirán inscricións en calidade de asistente.

 

Pagamento

O pagamento da inscrición farase mediante transferencia bancaria á conta da Asociación Galega de Onomástica:

                             

 

Folla de inscrición

Para confirmar a asistencia, os participantes deben enviar a seguinte folla de inscrición antes do 15 de xuño de 2006. As persoas inscritas recibirán información do congreso: relación de comunicacións admitidas, programa das sesións, etc.

 

Nome e apelido(s):

Enderezo:

Teléfono:

e-mail:

Asistirá ó Congreso en calidade de:

                                                        -Participante: (60 €)

                                                        -Membro da AGOn (30 €)

                                                        -Estudante: (15 €)

 

Presenta comunicación    (SI ou NON)

Título da comunicación:

 

(Para enviar por correo electrónico, recortar e pegar esta mesma táboa)

 

Correspondencia

Toda a correspondencia debe dirixirse a:

 

Congreso Internacional de Onomástica Galega

Facultade de Filoloxía e Tradución

Campus das Lagoas - Marcosende

36310  Vigo (Pontevedra)

Tfnos.: 986812359, 986812348.

ou no seguinte enderezo electrónico

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                   

 

En trámite: validación da asistencia por 1 crédito de libre configuración

Facultade de Filoloxía e Tradución

Universidade de Vigo