onde reside o éxito
  • Inicio
  • Vídeo
  • Gráfica
  • Oferta en graos
  • Oferta en másters
  • Máis info

Inicio

                                          

A Universidade de Vigo é unha universidade moderna, atrevida e plural que, desde a súa creación no ano 1990, foi quen de se desenvolver atendendo as necesidades de formación do alumnado así como da sociedade na que se insire.

Os seus tres campus situados en Ourense, Pontevedra e Vigo, nos que se imparten titulacións de todos os ámbitos de coñecemento, están perfectamente dotados para atender as necesidades dos aproximadamente 25.000 membros que integran a comunidade académica formada por estudantes, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos.

Recoñecida como Campus de Excelencia Internacional, a Universidade de Vigo atópase na vangarda da formación, investigación, tecnoloxía e transferencia de coñecemento e sitúase entre as mellores universidades nos rankings máis importantes do mundo.

     

 

© 2012 onde reside o éxito | Diseñado por Patricia Rodríguez - Ana Piñeiro | Powered by zumoestudio