Universidade

 de Vigo

 

 

Oficina de Medio Ambiente

                         


Inicio

Presentación

Conservación

Residuos

Investigación

Formación

Documentos

Prensa

Opinión

Enlaces

Persoal

 

DOCUMENTAL "VIDA DE SAPO"
 
Os días 3 e 4 de maio de 2006 a Oficina de Medio Ambiente presentou ante os medios de comunicación e ó público o documental "VIDA DE SAPO", producido por esta oficina.
 
Con este documental, de 21 minutos de duración, a OMA pretende chamar a atención sobre o problema do atropelo masivo nas estradas destes e outros anfibios. "Vida de Sapo" conta a historia dos sapos do campus de Vigo, os seus problemas de conservación e as medidas correctoras adoptadas pola OMA para diminuir o impacto do vial de circunvalación do campus sobre a poboación de sapo común.
 
Se queredes ver o documental premede sobre o cartel
 

"...ESTAMOS NO CAMPUS DA UNIVERSIDADE DE VIGO, ONDE UNHA ESTRADA DE CIRCUNVALACIÓN CONSTRUÍDA HAI APENAS CINCO ANOS CORTOU AS RUTAS DE ACCESO Á LAGOA NA QUE SE REPRODUCEN CENTOS DE SAPOS DOS ARREDORES. COMPLETAMENTE INCAPACES DE ADVERTIR O PERIGO DO TRÁFICO, OS SAPOS INSISTEN EN CRUZAR A FRANXA DE ASFALTO QUE SE INTERPÓN NO SEU CAMIÑO. A PROBABILIDADE DE QUE UN SAPO CONSIGA ATRAVESAR UNHA ESTRADA ADOITA SER INFERIOR O TRINTA POR CENTO. NUNHA AUTOESTRADA A PROBABILIDADE DE CHEGAR VIVO Ó OUTRO LADO É SÓ DO CINCO POR CENTO. A PROPIA DETERMINACIÓN QUE AMOSAN OS SAPOS NO SEU AVANCE VAINOS PERMITIR PALIAR EN CERTA MEDIDA A MASACRE"
 

 

FICHA TÉCNICA DO DOCUMENTAL:
GUIÓN E DIRECCIÓN: Nacho Munilla
REALIZACIÓN: J.B. Aguinaga
PRODUCCIÓN: Lola Liñares
DIRECTOR DE FOTOGRAFÍA: J.B. Aguinaga
EDICIÓN E POSTPRODUCCIÓN: Marcos Losada
SON DIRECTO E POSTPRODUCCIÓN DE SON: Alfonso Couceiro, Pablo ramos, Rubén Bermúdez
DESEÑO GRÁFICO: Juan Gallego
GRAVACIÓN DE VOZ EN OFF: Control Z
NARRADORES: Carlos Santiago, Nacho Munilla, John Eastham
BIÓLOGOS: Carla Veiga, Santiago Barciela, Julián Comesaña, Cesar Ayres
LOCALIZACIÓS: Campus de Vigo, Parroquias de Zamáns e Valadares
DURACIÓN: 21´10´´
FORMATO: DVDPRO
UNHA PRODUCCIÓN: Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo
DEPÓSITO LEGAL: VG-382-2006


©OMA 2000-2009. Actualizada o 17/03/09 12:00

Edificio Isaac Newton

 Campus Universitario de Vigo. 36310 Vigo

Tel: (+34) 986 813883. Fax: (+34) 986 812562

oma3@uvigo.es

 http://webs.uvigo.es/oma/