|
| |
Mortaldade
de
sapos no Campus de Vigo
|

Lagoa da
Facultade de Filoloxía e Traducción |
|
Adulto
atropelado no vial de circunvalación |
|
Barreira instalada pola OMA |
|

Adultos capturados nun cubo |

Solta de adultos na lagoa |
|

Parella de
adultos na lagoa, durante a aperta de apareamento
(amplexus axilar) |
A incidencia das
infraestructuras do campus sobre a fauna está a adquirir progresivamente unha
maior relevancia. Ademais da destrucción directa do hábitat cabe mencionar a
mortaldade directa, é dicir, os atropelos nas estradas e a colisión de aves
contra as cristaleiras dos edificios e das pasarelas que os unen.
Sen
dúbida a especie mais afectada polo vial de circunvalación do campus é o sapo
común, pertencente a subespecie Bufo bufo spinosus (Daudin, 1803) (Galán
& Fernandez, 1993). Na Facultade de Filoloxía
e Traducción (FFT) existe unha lagoa
á que acoden todos os anos centos de sapos a reproducirse. Trala
construcción do vial de circunvalación estes animais son atropelados
masivamente tanto
na migración dos adultos cara a lagoa para realizar a posta (febreiro-marzo), como posteriormente na dispersión de xuvenís (maio-xuño).
|
ADULTOS
ATOPADOS ATROPELADOS
|
|
ANO
|
2002
|
2003
|
2004
|
2005 |
2006 |
2007 |
2008 |
|
Nº INDIVIDUOS
|
634 |
195 |
124 |
466 |
803 |
473 |
395 |
A partir do ano 2003, como medida correctora para diminuir o impacto do
vial de circunvalación sobre a poboación de sapo
común, a OMA optou pola instalación de trampas
temporais para a captura dos individuos adultos
durante
a migración reproductora cara
á
lagoa da FFT.
As trampas consisten nunha malla lixeira de
plástico (tipo malla de sombreo) dunhas cantas
deceas de metros, que se dispón paralelamente ó
vial procurando interceptar as rutas que
concentran a migración dos sapos. A malla ten unha
altura duns 30 cm, está fixada o solo mediante
terrra e mantense erguida mediante varillas de
aceiro instaladas cada metro e medio. O longo da
mesma, cada 6-8 m colócanse uns cubos enterrados a
ras do chan e no seu interior unhas pedras que
servirán de refuxio os sapos que poidan caer.
O toparse ca barreira formada pola malla os sapos
tenden a desplazarse pola mesma e, deste xeito,
caen nos cubos. Mentres permanecen instaladas, as
trampas revísanse todos os días a primeira hora da
mañá, xa que en esta especie a migración
reproductora e fundamentalmente nocturna.
Finalmente os sapos capturados son trasladados
polos biólogos da OMA ata a lagoa, para que podan
realizar a posta.
Ademais, na época de dispersión dos xuvenís, estes
recóllense manualmente na lagoa e sóltanse na
outra beira do vial.
En
xaneiro de 2007 a
OMA instalou novamente as trampas para evitar o
atropelo de sapos na circunvalación do campus.
Este ano colocáronse 16 cubos repartidos ó longo
de 3 barreiras, cun total de 190 m de lonxitude.
|
ADULTOS RECOLLIDOS EN TRAMPAS
|
|
ANO
|
2003
|
2004
|
2005 |
2006 |
2007 |
2008 |
|
Nº
INDIVIDUOS
|
4
|
100
|
222 |
790 |
651 |
633 |
|
XUVENÍS RECOLLIDOS NA LAGOA
|
|
ANO
|
2003
|
2004
|
2005 |
2006 |
2007 |
2008 |
|
Nº
INDIVIDUOS
|
5.934
|
4.589
|
17.380 |
20.964 |
9.640 |
4390 |
En xaneiro de 2006 a OMA editou o documental
"Vida de
Sapo" no que se relatan estes feitos.

|