A Universidade de Vigo (UVIGO) comezou en xuño de 2010 coa valoración e fases previas de diagnóstico para a implantación dun sistema de xestión ambiental (SXA) certificado baixo a norma UNE-EN ISO 14001:2004 nos servizos dos centros de Deportes e Bibliotecas Centrais en cada un dos campus (Vigo, Ourense e Pontevedra). Unha vez elaborada toda a documentación do sistema comezou a andaina e implantación do SXA a inicios de maio de 2011 (02/05/2011).
As fases do proxecto de implantación do SXA acometidas ata o de agora foron:
- Presentación do proxecto ós directores e responsables dos servizos que se pretende incluír dentro do alcance do SXA: Deportes e Bibliotecas Centrais.
- Elaboración dos diagnósticos ambientais iniciais por separado para cada un dos servizos considerados.
- Elaboración, revisión e aprobación da Política Ambiental da UVIGO.
- Elaboración da documentación do SXA (manual, procedementos, instrucións, anexos e formatos).
- Cubri-los formatos dando lugar ós rexistros correspondentes (destácanse a continuación os que implican coñecemento directo a todo o persoal implicado nos servizos dentro do alcance do SXA):
· PMA-08_RF-01_Ed01: Plan de actuación ante emerxencias ambientais: derrame substancia perigosa.
· PMA-08_RF-01_Ed01: Plan de actuación ante emerxencias ambientais: incendio.
· PMA-08_RF-01_Ed01: Plan de actuación ante emerxencias ambientais: explosión depósito combustible.
Actualmente estase coa fase de implantación do SXA, á que previsiblemente para outubro lle seguirá unha comprobación con auditoría interna da implantación do SXA e posteriormente entre novembro de 2011 e xaneiro de 2012 a certificación do SXA por AENOR (entidade acreditada para a certificación UNE-EN ISO 14001:2004).