Semana Europea da Enerxía Sostible
Tivo lugar do 11 ó 15 de abril de 2011
Eficiencia e Sostibilidade Enerxética na Universidade de Vigo
ACTIVIDADES
A Universidade de Vigo, con motivo da Semana Europea da Enerxía Sostible (abril 2011), planificou a organización de actividades que promoven a redución do consumo enerxético, as enerxías renovables e as medidas de eficiencia enerxética. Para isto realizouse unha exposición e uns itinerarios guiados nos que se amosaron as accións postas en marcha na propia universidade nesta temática.
Deste xeito pretendeuse promove-lo aforro enerxético e as enerxías renovables, expoñendo os beneficios que supón tomar este tipo de iniciativas, tanto para a propia universidade como para a sociedade en xeral.
Ademais, realizouse unha xornada especificamente dedicada a esta temática, na que unha serie de expertos impartiron charlas relativas ás actuais tecnoloxías e prácticas sobre enerxía sostible.
Xornada de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética na Universidade de Vigo
Xornada na que tiveron lugar unha serie de conferencias sobre temas de actualidade relacionados con esta temática, impartidos por expertos na materia.
-
Eficiencia Enerxética na Edificación. Sistemas Eléctricos.
D. Camilo José Carrillo González. Dpto. Enxeñería Eléctrica E.E.Industrial. UVigo.
-
Eficiencia Enerxética na Edificación. Sistemas Térmicos.
D. Juan Ignacio Rodríguez. Edificación y Planificación Urbana Sostible ENERGYLAB.
Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética.
- Eficiencia Enerxética na Edificación. Arquitectura Bioclimática.
D. Javier de la Puente Crespo. Dpto. Construcción E.E. Industrial. UVigo.
-
Eficiencia Enerxética no Sector Transporte. Vehículo Eléctrico.
D. Bernardo Parajó Calvo. Dpto. Enxeñería Eléctrica E.E. Industrial. UVigo.
-
Eficiencia Enerxética no Sector Público.
Dª. Ana Belén Albo López. Coordinadora do Departamento Técnico do FAIMEVI.
Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo (FAIMEVI).
-
Auditorías Enerxéticas.
D. Eusebio Vázquez Alfaya. Dpto. Enxeñería Mecánica, Máquinas e Fluídos E.E.Industrial. UVigo.
- Políticas de Aforro, Substitución e Eficiencia Enerxética.
Dª. Paula Uría Traba. Directora da Área de Aforro e Eficiencia Enerxética do INEGA.
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).
-
A Eficiencia e os Servizos Enerxéticos.
Dª. Cristina Pichel Rojo. Responsable de Servizos de Altair.
Exposición Eficiencia e Sostibilidade Enerxética na Universidade de Vigo
Exposición que amosou o compromiso da Universidade de Vigo coa eficiencia enerxética por medio de actuacións, estudos e instalacións que se acometeron na universidade co fin de reduci-lo consumo enerxético, aumenta-la eficiencia enerxética e fomenta-lo uso das enerxías renovables.