Investigación

 

A. Soliño. Catálogo Bibliográfico de los Macromicetos de Galicia (Ascomycota, Basidiomycota, Myxomycota): 1850-2002.

 

Introducción e metodoloxía 

Neste traballo propuxémonos elaborar de xeito xustificado o Catálogo bibliográfico dos Macromicetos de Galicia e constituír un rexistro informático do mesmo. O mesmo tempo, preténdese coñecer e reflectir de xeito informatizado e automático a autoecoloxía, fenoloxía e distribución, así como a situación en materia de conservación dos taxa publicados para esta zona. 

Para conseguir estes obxectivos levouse a cabo a recompilación bibliográfica de tódalas publicacións nas que se mencionan citas galegas, seguida da actualización nomenclatural das mesmas. 

Co volume de datos recopilado, desenvólvese un Sistema Informático de Información con deseño e metodoloxía adecuado a liña de traballo establecida. O punto de partida deste sistema e unha base de datos multirrelacionar (GALICIA. mdb), xa que nos permite xestionar unha gran cantidade de información e interrelacionala co outra bases de datos incluso outros programas de análise.

 Parque Natural "As Fragas do Eume"

 Parque Nacional das Illas Atlánticas

 

Resultados 

  • O catalogo bibliográfico dos Macromicetos (Ascomycota, Basidiomycota, Myxomycota) presentes en Galicia consta de 1681 taxa, dos cales 43 non puideron ser actualizados (taxa incerta). 

  • A base de datos GALICIA.mdb consta na actualidade de 11.847 rexistros (citas). 

  • O 54 % das cuadrículas UTM 10 x 10 correspondentes a Galicia foron xa prospectadas polo menos nunha ocasión. Do 46% non se ten ningunha información dende o punto de vista micolóxico. 

  • Das 33 especies propostas na actualidade para figurar na Convención de Berna (cf.  http://www.wsl.ch/eccf/welcome-en.ehtml) 7 están presentes na comunidade galega: Cantharellus melanoxeros, Entoloma bloxamii, Hericium erinaceum, Phylloporus pelletieri, Sarcosphaera coronaria, Torrendia pulchella e Tricholoma colossus.

 

Exemplo da aplicación de excel "Coroloxía e fenoloxía"