Investigación

 

 Leucocoprinus castroi Blanco-Dios, Butll. Soc. Cat. Micol. 25: 41.2003

Macroscopía: Píleo de 2-3,5 (5) cm o expanderse, cando e novo cónico-campanulado, aplanándose progresivamente, blanquecino ou amarelo, cun disco central delimitado, amarelo ou ocre (40-65 mm de diametro). Marxe estriado incluso ata o disco. Superficie cuberta de copos hialinos, ou brancos; Láminas blancas, libres, espaciadas, insertadas nun collarium; Estipe de (3,8) 4,8-8,3 (9,5) x 0,15-0,7 cm, cilíndrico ou fusiforme na parte inferior, moi fraxil, fistuloso, amarelo citrino ou verdoso na parte superios, mais claro cara a base, recuberto de copos similares os do píleo; Anel simple, membranoso, fugaz, do mesmo color co estipe excepto na marxe que esta recuberta por copos beige ou amarelos; Olor marcadamente anisado no píleo e similar o de Scleroderma na base do estipe, sabor fúnxico.

 

Microscopía: Esporas de (7,7) 8,5-11,5 (12,5) x (5,5) 6,5-8,5 (9,5) um (Q = (1,10) 1,20-1,50 (1,55) ), elipsoides, raramente subglobosas, parede esporal grosa, con poro xerminativo neto, dextrinoides, congófilas, cianófilas e metacromáticas en azul de cresilo; Basidios de 17-23 (33) x 10,5-12,5 (16-5) um , 4-espóricos, subesferopedunculados, rodeados por pseudoparafisos esferopedunculados de 16-23,5 x 10,8-19,5 um; Queilocistidios de 16,5-42 x 6,2-10,2 um, raros, de fusiformes a laxeniformes (ancho na parte mais estreita 1,5-4,2 um); Pileipellis mixta, constiuida por elementos cilíndrícos de 2,8-12 (14) um de diametro e cadeas de elmentos esferopedunculados ou irregulares (en forma de pezas de puzzle) de 7,7-24,5 x 10,5-19,5 um.

 

Ecoloxía e coroloxía: en formacións de piñeiros (P. pinaster, P. radiata) litorais ou sublitorais; setembro-outubro. Coñecese de duas localidades nas Rias Baixas (Galicia, España). Parece que este fungo fructifica asociado as primeiras choivas do final do verán/principios de outono, cando a temperatura media nas Rías Baixas é de 19ªC e humidade relativa pode chegar o 80%.

 

Publicacións relacionadas

  • J.B. Blanco-Dios. (2003),Esudios sobre el género Leucocoprinus pat. en la Península Ibérica (II). Leucocoprinus castroi sp. nov. Butll. Soc. Cat. Micol. 25: 41-48.