Investigación

Agaricus freirei Blanco-Dios, Doc. Mycol. 121: 28. 2001

 

 

Macroscopía: Píleo de 6-11 cm, globoso-cónico o principio, logo plano cuberto de abundantes escamas ocre ou viñosas dispostas radialmente; Láminas de cor salmón grisacea cando novos e pardo chocolate na madurez, coa arista mais clara; Estipe de 7,5-11 x 1,5 –3 cm, claviforme, as veces napiforme ou truncado, cuberto de fibriñas algondonosas dende o anel ata a base, o toclas viran a ocre, a miudo con rizomorfos; Anel súpero, simple, membranoso, blanco coa marxe dentada de cor parda; Trama blanca que vira a rosado o corte; Olor intenso a iodoformo especialmente na base do estipe, sabor fúnxico; Reaccion de Schäffer negativa; KOH 10% positivo (amarillo-ocre); Guayaco positivo, azulado en 10 min.; NH3 negativo

Microscopía: Esporas de (5) 5,5-8 (9) x (3) 3,5-5 (5,5) um, Q = 1,4-1,8, de elipsoides a oblongas, con apículo de 0,5 um, sen poro xerminativo; Basidios 4-espóricos, raramente bisporicos, claviformes de 13-24 x 5-8,5 um; Queilocistidios escasos, esferopedunculados de (8) 10-16 (19,5) x (5,5) 7-10 (11,5) um, subhialinos ou con pigmento pardo

 

Ecoloxía e coroloxía: En dunas litorais; desde principios de novembro a finais de xaneiro. Polo momento só se coñece na península de O Grove (Galicia, España)

 

Publicacións relacionadas

  • J.B. Blanco-Dios. (2001). Agaricales des dunes de Galice: Agaricus freirei sp. nov. Doc. Mycol. 121: 27-34