Mergúllate figuras uvigo.es
Universidade de Vigo
 
  La Universidad de Vigo Estudiar en la uvigo
  A la vanguardia investigadora Mapa de titulaciones
  Más que apuntes
  Oportunidades Contacta
 
  A la vanguardia investigadora
 

As políticas de ciencia e tecnoloxía constitúen un elemento de vital importancia no desenvolvemento das sociedades modernas. Conscientes de que hai unha relación directa entre a capacidade de investigación, desenvolvemento e innovación dun país e a súa competitividade, a Universidade de Vigo aposta decididamente polo I+D+i a través de numerosos programas propios e axudas, así como mediante as súas infraestruturas de investigación e centros de apoio. En conxunto, a Universidade de Vigo é unha das universidades españolas que máis recursos destina a este fin, e a súa produción científica obtén, cada vez, maior recoñecemento internacional.

A experiencia dos máis de 250 grupos de investigación universitarios en activo xerou, ademais, sinerxías coa empresa, da que han xurdir grandes infraestruturas para a investigación.

CITEXVI

A Cidade Tecnolóxica de Vigo, Citexvi, nace con aspiracións de ser o centro neurálxico do Parque Científico e Tecnolóxico de Galicia en Vigo. Ademais de cubrir as necesidades básicas para que os/as investigadores/as máis activos da universidade poidan desenvolver todo o seu potencial, o proxecto busca converter a Cidade Tecnolóxica nun polo de atracción para a dinamización de actividades tecnolóxicas, creación de centros mixtos universidade-empresa e incorporación das empresas cos seus centros de I+D ao campus.

CITI

O Centro de Investigación, Transferencia e Innovación de Ourense centraliza a actividade investigadora e innovadora do campus de Ourense, coa finalidade de vertebrar a relación da Universidade de Vigo coas empresas fomentando a transferencia.

 


  Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es