Mergúllate figuras uvigo.es
Universidade de Vigo
 
  La Universidad de Vigo Estudiar en la uvigo
  A la vanguardia investigadora Mapa de titulaciones
  Más que apuntes
  Oportunidades Contacta
 
  A la vanguardia investigadora
 

Nos últimos anos a Universidade incorporou un programa de prácticas profesionais para dotar ao alumnado de hábitos profesionais que respondan ás habilidades demandadas no mercado laboral. Hoxe, dous de cada tres alumnos/as titulados/as realizan prácticas en empresas e todas as titulacións da universidade consideran que estas prácticas son o complemento idóneo para os seus planos de estudo. A Oficina de Orientación ao Emprego é o servizo encargado de fomentar o emprego entre os estudantes e xestiona as prácticas en empresas e institucións ofrecéndolles apoio e asesoramento. A través da Oficina de Iniciativas Empresariais a Universidade de Vigo facilita que se materialicen as novas iniciativas empresariais.

Pola súa banda, a internacionalización do ensino e mobilidade do alumnado constitúen dúas prioridades para a universidade. Por un lado, a mobilidade dentro de España a través dos programas SICUE/SÉNECA. Por outro, a Oficina de Relacións Internacionais que, a través dos seus convenios no estranxeiro, facilita que profesores/as, alumnos/as e persoal de administración e servizos miren constantemente cara ao exterior. Esta universidade foi, nos últimos anos, unha das que máis medrou en intercambios de alumnos e profesores. Ademais, a Universidade de Vigo é a única de todo o territorio español que conta cunha conselleira EURES que orienta aos/ás estudantes sobre emprego en Europa e na elaboración do currículo vitae Europass.

 


  Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es