| |
Os servizos de Extensión Universitaria e Deportes canalizan, apoian e fomentan a participación dos membros da comunidade universitaria en actividades de carácter cultural, solidario e deportivo, velando pola formación integral dos/as estudantes e a mellora da calidade de vida universitaria.
Con este obxectivo organízase un programa continuo no que se mesturan disciplinas como a música, o teatro, o cinema, as artes plásticas, os eventos deportivos, as ligas universitarias ou os seminarios didácticos que afrontan a formación integral dos/as futuros/as titulados/as. Mostras internacionais de teatro universitario como o Programa MITEU ou o Programa Ensaiamos, que proporciona local e equipamento a bandas de recente creación, son algunhas das apostas máis exitosas; a cesión gratuíta de instalacións para o deporte ou a organización de escolas deportivas das máis diversas modalidades completan unha oferta formativa e saudable.
|