ACTUALIDADE


Admisión para a convocatoria 2010-2012

Novas sobre matrícula e bolsas na UVIGO

Máis

 

MÁSTER UNIVERSITARIO EN ECONOMÍA, AVALIACIÓN E XESTIÓN DO MEDIO MARIÑO E DOS RECURSOS PESQUEIROS

Apostando polo Mar

A Universidade de Vigo escolleu o Mar como un dos seus principais sinais de identidade no ámbito da Investigación e a Formación Superior tal como está reflexado no Proxecto Campus Mar (www.campusdomar.es),  onde se recollen todas as posibilidades abertas no entorno mariño sendo este Máster unha das pezas no ámbito da formación.

Un bo punto de partida

Facultade de económicas e empresariais

Tras catro anos de experiencia cun Máster propio da Universidade de Vigo, combinando recursos académicos e profesionais, realizouse o curso pasado a homologación no Espazo Europeo de Educación Superior (Plan Bolonia). A partir  destas experiencias moi positivas, tanto no aspecto formativo como na colocación laboral dos alumnos egresados, ábrese agora unha nova edición no curso 2010-11.

Unha boa dotación de recursos formativos e profesionais

O Máster é posible porque se nutre de profesores de distintas especialidades e perfís, tanto da Universidade como de Institutos e Centros de Investigación Mariños, así como dun panel de expertos profesionais de entidades públicas e privadas que aportan a súa experiencia en distintos campos e actividades relacionadas co medio mariño.

Prácticas externas

Ao tratarse  dun máster profesionalizante, é necesaria a realización de prácticas profesionais externas. A área de Vigo proporciona unhas posibilidades difíciles de reunir noutros lugares. Para facilitar esta eventualidade, a Universidade de Vigo ten suscrito convenios con diversas entidades públicas e  privadas.

Un Máster pluridisciplinar e singular

Ao conxugar baixo a mesma oferta formativa dúas grandes especialidades (Avaliación Pesqueira, Economía e Política do Medio Mariño), compártense algúns bloques temáticos e amplíanse as posibilidades dos alumnos para deseñar o seu propio curriculum formativo.

Un proxecto que abre saídas profesionais e axuda a cubrir necesidades sociais

Na liña do Campus Mar da Universidade de Vigo, tratamos de contribuír a crear un espazo formativo socialmente útil e adaptado ás necesidades do sector produtivo.

Selección de idioma
Galego Español English

 

emagister