sede

Datas e sede do congreso
O congreso realizarase entre os días 27 e 30 de abril de 2009 no Centro Social Caixanova, situado na céntrica rúa de Policarpo Sanz, n.º 24-26. O luns, día 27, a partir das 08.30 h poderá recollerse a documentación na sede do congreso.
A cidade
Vigo é a cidade máis poboada de Galicia, sitúase na máis meridional das rías de Galicia e leva o seu nome. É unha cidade industrial e dinámica e é tamén o primeiro porto pesqueiro de Europa. Está ben comunicada por estrada, e o aeroporto de Peinador atópase a 7 km da cidade. Pódese utilizar tamén o aeroporto internacional de Santiago, a 90 km e a unha hora de viaxe pola autoestrada A-9, ou o aeroporto internacional do Porto, en Portugal, que queda a unha hora e cuarto de Vigo tamén por autoestrada.
Lingua
As linguas do congreso serán o español e o inglés. Os resumos poden redactarse en calquera delas.
Comidas
Nas proximidades da sede do congreso hai moitos restaurantes de diferentes categorías para todos os prezos e gustos. O horario das comidas será de 13.30 h a 15.30 h.
Visados
Todos os participantes non pertencentes á Unión Europea deben consultar a embaixada de España no seu país de orixe, xa que os requisitos de visados varían dun país a outro.


