| Benvida |
|
O Máster en Innovación Industrial e Optimización de Procesos existe por un motivo: o impacto que tí podes causar nas nosas empresas, todas elas sometidas a crecentes esixencias competitivas diante dun entorno económico e tecnolóxico cuio leit motiv é o cambio constante, a incerteza segura, a recorrente obsolescencia do que creíamos saber.
É hora, pois, de pensar libremente e con rigor, escoitar con máis atención e humildade, e ver alén do noso horizonte habitual. Con este Máster intensificarás a túa capacidade de adaptación diante dos novos retos que o mundo empresarial nos presenta; formaraste nas ferramentas clave para implementar unha estratexia sistemática de innovación e optimización; desenvolverás a túa habilidade para convencer aos demáis da necesidade de implementar estas ferramentas; e naturalmente, ampliarás a túa rede de contactos. En definitiva, queremos que tí marques a diferencia no Sistema Nacional de Innovación no que decidas traballar. Porque decides estudar na Universidade de Vigo. Porque esta é a nosa misión.
Xosé H. Vázquez José Manuel García Vázquez
Descarga o tríptico informativo.
|




