logobanner da universidade

III XORNADA DE INNOVACIÓN EN XÉNERO. DOCENCIA E INVESTIGACIÓN

13 de decembro de 2013

   

A III Xornada de Innovación en Xénero. Docencia e Investigación terá lugar na Universidade de Vigo o 13 de decembro de 2013 para impulsar o intercambio de experiencias innovadoras en materia de xénero no campo da docencia e a investigación universitarias.

Poderán presentar comunicacións sobre experiencias docentes e investigacións con perspectiva de xénero xa finalizadas en calquera ámbito de coñecemento, as persoas que formen parte do persoal docente e/ou investigador de calquera universidade do Estado español.


Obxectivos



Os obxectivos da Xornada son:

  • Servir como punto de encontro e intercambio de experiencias entre persoal docente e investigador das universidades españolas que desenvolve o seu traballo con perspectiva de xénero.
  • Potenciar experiencias innovadoras que inclúan a perspectiva de xénero como un eixe de traballo.
  • Difundir as investigacións en xénero e con perspectiva de xénero.
  • Impulsar a aplicación da transversalidade de xénero como un criterio de excelencia universitaria.
  • Contribuír á transferencia do coñecemento no eido da igualdade.
  • Reflexionar sobre as posibilidades que a innovación en xénero ofrece á docencia e á investigación universitarias.


Temas de interese



Os posibles temas de interese inclúen a:

  • Novos métodos de docencia con perspectiva de xénero
  • A investigación en calquera ámbito de coñecemento con perspectiva de xénero.
  • Investigacións novidosas en xénero.
  • Experiencias na aula.
  • Integración da perspectiva de xénero no ensino virtual.
  • Incorporación da dimensión de xénero na titorización.
  • Inclusión da perspectiva de xénero en materias científicas e tecnolóxicas.
  • Linguaxe non sexista aplicada á docencia e á investigación.
  • Visibilización das achegas das mulleres.


CACTI | Campus Universitario s/n | C.P. 36310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 813 419 | innovacion.xenero@uvigo.es