UNIVERSIDADE DE VIGO

 

ÁREA DE HISTORIA CONTEMPORÁNEA

Inicio de páxina

Obradoiro de historia de Galicia

OBRADOIRO DE HISTORIA DE GALICIA

BASE DE DATOS: A REPRESIÓN NA PROVINCIA DE OURENSE

           A existencia dunha demanda social de información por parte de familiares de represaliados levou ó Obradoiro de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo e á Deputación Provincial de Ourense a poñer á disposición da sociedade un servizo de identificación, localización e análise dos fondos documentais existentes sobre a represión na provincia de Ourense en forma dunha base de datos de fácil consulta a través da rede. Como unha primeira parte deste ambicioso proxecto xa se pode acceder a consulta do período 1936-1940, continuando o grupo de investigación coa segunda fase de estudo que acadará a data de 1945,e que será posto o servicio da sociedade próximamente.