Cuadro de texto: ÁREA DE HISTORIA CONTEMPORÁNEA
Universidade de Vigo

Estamos en proceso de construcción

UNIVERSIDADE DE VIGO. CAMPUS DE OURENSE

DEPARTAMENTO DE HISTORIA, ARTE E XEOGRAFÍA

Benvidos á páxina do Área de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo. Aquí poderás atopar información sobre as actividades docentes e de investigación que levan a cabo os profesores e persoal investigador que compoñen a mesma.

 

No apartado “Información Xeral” incluímos, xunto cos datos de contacto, a relación dos centros nos que se imparte docencia, con acceso á páxina web dos mesmos; e tamén unha sección na que iremos publicando aquelas novas que consideremos poidan ser de interese.

 

 “Profesorado e P.I.” ofrece un listado dos profesores e bolseiros do Área. O facer “clic” sobre o nome, accedese á páxina persoal, na que se pode atopar información de contacto e algúns datos persoais, ademais de información e documentación relativa á docencia.

 

En “Docencia” preséntase un listado das materias impartidas, clasificadas por facultades e titulacións e pode accederse ó temario de cada unha delas.

 

“Investigación” é o apartado no que se recolle información sobre á actividade investigadora desenrolada polo grupo de investigación formado polos compoñentes da Área. Poden verse as liñas de investigación seguidas de acordo coa clasificación da UNESCO e tamén pode atoparse información sobre os proxectos desenvolvidos e en curso.

 

No apartado "Publicacións” ofrecemos información sobre os traballos publicados recentemente e, tamén, acceso ó texto completo de algúns artigos ou traballos.

 

Dedicamos unha páxina a informar sobre as actividades do "Obradoiro de Historia Contemporánea" e outra na que recollemos á dirección de algunhas páxinas que consideramos de interese polo contido que ofrecen, un listado que trataremos de ir ampliando.

Inicio de páxina

Pontes de Ourense