Presentación
Os Estudos de Tradución constitúen unha área de investigación de gran proxección no mercado actual. Ao igual que en moitas outras disciplinas, os saberes teóricos, metodolóxicos e prácticos vinculados coa formación investigadora que debe caracterizar a un especialista neste ámbito son múltiples e moi variados. Pola inherente complexidade que conleva a actividad de mediación lingüística e intercultural, a formación de investigadores neste ámbito require da concepción de instrumentos académicos adecuados para a óptima posta en marcha de programas específicos destinados a tal tarefa. Además e dado que se trata dun campo de estudo que só recentemente se instintucionalizou no sistema de ensino superior do Estado español, debemos ter presente que a actividade investigadora é aínda moi escasa, o que imprime un maior interese á formación de novos doutores.
O Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo é o único do norte de España no que se pode seguir un programa de doutoramento concebido dende a integración das dúas disciplinas centrais en ditos estudos: a tradución e a lingüística. A experiencia reflexiva da maior parte dos doutores do departamento, consecuencia dos case10 anos nos que se vén impartindo un programa de doutorado estruturado en torno á confluencia de intereses das citadas disciplinas, vainos permitir abordar os principais desafíos aos que a sociedade da información ha enfrentarse no ámbito da produción de coñecemento relacionado coa investigación en Tradución e en Lingüística.