Metodoloxía

1.Metodoloxía de traballo

Baséase nos principios teóricos da investigación neolóxica (Cf. Teresa Cabré, La terminologia: teoría, metodología, aplicaciones Ampuries: Barcelona, 1993) e na experiencia práctica de centros como Observatori de Neologia do Institut Universitari de Linguística Aplicada da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona

2.Fases do traballo

2.1 Recollida

Nunha primeira etapa os colaboradores encárganse de detectar e identifica-los neoloxismos en textos de prensa. Faise un baleirado sistemático das seguintes publicacións:

O Correo Galego
Tempos Novos

tamén se pretende facer un exame parcial da revista A Nosa Terra.

Séguese o criterio da exclusión lexicográfica (comprobación sistemática da aparición da unidade léxica nunha serie de diccionarios). A recollida de neoloxismos lexicográficos, aqueles que non aparecen rexistrados nos diccionarios do corpus de exclusión definido, permítenos ver cómo funciona o léxico nos textos de grande difusión pero asemade, enfróntanos unhas veces con palabras que xa levan tempo afianzadas na lingua, xa que logo non serían neoloxismos estrictos, outras veces con palabras que non cumpren os requisitos mínimos para poder integrarse no léxico da nosa lingua (castelanismos de luxo, unidades mal construídas, efémeras, outras que xa teñen solución na norma léxica). Sen embargo o criterio lexicográfico é o máis axeitado dende un punto de vista metodolóxico e permítenos despois cataloga-las unidades da base de datos para xebra-los neoloxismos verdadeiros daqueloutros que non o son.

O corpus de exclusión lexicográfica utilizado é o seguinte:

Diccionario da Real Academia Galega (1997)
Diccionario Xerais da Lingua (1993)
Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (versión provisional 1989//Corrixe 1.0 -1.2)

Tamén se fará unha comprobación no diccionario Sotelo Blanco da Lingua Galega, pero esta obra lexicográfica non se considera como corpus de exclusión.

A recollida de neoloxismos lexicográficos, aqueles que non aparecen rexistrados nos diccionarios do corpus de exclusión definido, permítenos ver cómo funciona o léxico nos textos de grande difusión pero asemade, enfróntanos unhas veces con palabras que xa levan tempo afianzadas na lingua, xa que logo non serían neoloxismos estrictos, outras veces con palabras que non cumpren os requisitos mínimos para poder integrarse no léxico da nosa lingua (castelanismos de luxo, unidades mal construídas, efémeras, outras que xa teñen solución na norma léxica). Sen embargo o criterio lexicográfico é o máis axeitado dende un punto de vista metodolóxico e permítenos despois cataloga-las unidades da base de datos para xebra-los neoloxismos verdadeiros daqueloutros que non o son.

Os datos pasan a unha ficha e baleirado cos seguintes campos:

EN
CG AT TN DC
CO
NO SB
F D S PX AR AV
DR DV

Os campos desta ficha son os seguintes:

EN: O campo de entrada do neoloxismo.
CG: A categoría gramatical da unidade baleirada.
AT: Os aspectos tipográficos que presenta o neoloxismo, os valores deste campo son os seguintes: comiñas (com), cursiva (cur), negriña (nga) e parénteses ( _()_ ).
TN: O tipo de neoloxismo do que se trata segundo o recurso e procedemento de formación. Distinguimos entre:

1. Neoloxismos de forma (F*):

Todos aqueles creados por procedementos formais. Os códigos válidos para este campo son:

FSUF Sufixación
FPRE Prefixación
FPRSU Parasíntese
FCOM Composición popular
FCULT Composición culta
FVAR Variación
FCONV Conversión sintáctica
FABR Abreviación
FACR Acronimia
FSIG Siglación
FSINT Sintagmación

2. Neoloxismos creados por empréstito (E*):

Neste grupo inclúense tódolos empréstitos, estean adaptados (EA*) ou non (ESA*). A codificación deste campo realízase atendendo á lingua de procedencia do empréstito; así, engádeselles ás siglas EA ou ESA (segundo cumpra) o código ISO da lingua orixe:

ESAPT (Empréstito sen adaptar do portugués)
EACA (Empréstito adaptado do catalán)
EAFR (Empréstito adaptado do francés)

3. Neoloxismos semánticos (SEM):

Tódalas ampliacións semánticas que se fan dunha unidade a partir do campo semántico que aparece definido no corpus de exclusión.

Estas fichas serán despois comprobadas e introducidas na base de datos polos bolseiros na fase de procesamento informático.

2.2. Elaboración de fichas da base de datos.

Os bolseiros comprobarán os datos achegados polos colaboradores:

1. Confirmarán cos diccionarios que forman parte do corpus de exclusión a marca de neoloxía atribuída polos colaboradores.
2. Revisarán tódolos datos introducidos polos colaboradores, especialmente aqueles referidos á clasificación tipolóxica. Introducirán outros datos que sirvan para unha mellor catalogación das entradas.