XII Feira da Ciencia e Tecnoloxía 2006

A Feira da Ciencia e Tecnoloxía é unha manifestación das capacidades dos alumnos que se celebra anualmente, dende o ano 1995, no IES Porta da Auga e que trata de levar fóra da aula o que os alumnos aprenden e son capaces de exteriorizar. Esta salientable actividade é agora un modelo para experiencias similares desenvolvidas fora e dentro  de Galicia. Dese xeito o aprendizaxe pasa a ser transparente e impregnar o día a día dos propios alumnos. Na presente edición amosase un cento de experiencias, montaxes e pequenas investigacións entre os días 4 e 7 de Abril. Está prevista a visita organizada de diversos centros de ensino da bisbarra, ata un máximo duns 500 alumnos, que se verán guiados polos seus compañeiros do instituto, quenes ademáis lles ensinarán cada unha das experiencias. Conta co apoio da rede científica “Hands on Science” do programa Sócrates/Comenius da Unión Europea para o ensino experimental das ciencias, por ser membro asociado desta rede baixo a coordinación do Departamento de Física Aplicada na ETSE de Minas da Universidade de Vigo. Asimesmo, conta coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

ORGANIZA : I.E.S. Porta da Auga

COORDINADOR:  Antonio Gregorio Montes
 

 LUGAR: IES Porta da Auga (Ribadeo-Lugo)

DATAS: do 4 ao 7 de Abril

HORARIO: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 17:00

Pódese descargar  aquí o cartel PDF.

 

 Pódese descargar  aquí o tríptico PDF.

En toda sociedade hai cousas que se fan ``na casa´´ de xeito exclusivo ou preponderante. Son eses feitos os que teñen funcións máis íntimas, e, nese senso, máis vitais no propio transcurrir das persoas. É evidente que a ciencia non ocupa un lugar nese mundo máis interno, ó menos en xeral: non se realiza de xeito preponderante, nin está presente na maioría dos casos no fogar.

Nembargantes, de continuo pode aludirse a ela dende aparellos ou accións que alí se realizan. Algo que nos parece tan lonxano da vida diaria como a noción física de campo ou a relatividade do movemento son elementos presentes nesa nosa cotidianeidade. De feito, esta XII edición da Feira da Ciencia e Tecnoloxía estará volcada de xeito preferente a aplicacións da ciencia no fogar, ou, correlativamente, ó estudio cunha visión científica de compoñentes elementais ou accidentais das nosas vivendas. Neste, como noutros moitos casos, trátase de achegar a ciencia que nos atopamos por dondequeira que miremos á realidade de tódolos días, esta vez meténdose polos resquicios que deixa a porta do noso fogar.

COLABORAN

  Programa Sócrates/Comenius da Unión Europea. “Hands-on Science”.

  Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.