Novas

European Contest “Ideas for Science Fairs”

Concurso dirixido a estudantes de primaria e secundaria que presenten para a súa avaliación pequenas ou grandes investigacións, actividades ou  experiencias en calquera ámbito da Ciencia. Concederanse premios e trofeos ás ideas máis interesantes. Información completa en formato PDF.

A rede H-Sci decidiu crear unha competición científica dirixida a estudiantes de tódolos países da Unión Europea. En particular esperamos recibir a descrición de ideas para montaxes experimentais e presentacións, en calquera campo das Ciencias Naturais, para ser amosados en Festivais ou Feiras da Ciencia.

Unha Feira da Ciencia é un día especial. Despois de experimentar  pracer do descubrimento, ti presentas os resultados do teu traballo aos teus compañeiros, profesores e pais. Ti podes explicar as túas ideas, os experimentos que tentaches, a investigación realizada e o que descubriches. Ti poderías incluso descubrir algo completamente inesperado, quizais algo que non se sabia antes …

O que a rede H-Sci propón é que ti (individualmente ou en grupo, na túa escola ou en casa) explore e presente unha idea para unha Feira da Ciencia. Aceptaranse ideas en tódolos campos da Ciencia, con calquera nivel de complexidade (moitas veces as ideas máis simples son as mellores!)  en calquera formato de presentación.

Para inscribirte e obtener máis información http://hsci.no.sapo.pt/ScienceFair.html