Principal
Introdución
Obxectivos
Historia do Gruvi
Actividades
Taller de Reciclaxe
Formación
Festas de Reciclaxe
Documentación
Recursos e enlaces
Calendario de actividades
Como colaborar
Requisitos para ser voluntario
Ficha de inscrición
Como entregar equipamento
Requisitos para a entrega
Protocolo de entrega
Como solicitar equipamento
Requisitos das entidades
Convocatorias e resolucións
 
 
 


 
INTRODUCIÓN: O proxecto GRUVI (Grupo de Reciclaxe Informática da UVigo) Imprimir Correo-e


GRUVI é o proxecto de voluntariado da UVigo que recupera equipos informáticos para doalos con Software Libre a entidades sociais do contorno (asociacións, fundacións, ONG, etc.), á iniciativa e con coordinación da OSIX (Oficina de Servizos Integrados á Xuventude) que depende a Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes.


Xorde como resposta á acumulación de residuos informáticos, aproveitables en moitos casos, da nosa Universidade. Tirar ordenadores e outros compoñentes, á parte de supoñer un problema ecolóxico, é tamén unha grande inxustiza social, xa que diferentes colectivos están ás portas de perder o “tren tecnolóxico” e vense afastados da sociedade da información, provocando unha situación que se coñece como fenda dixital.


No proxecto GRUVI colaboran a OSIX, a OMA (Oficina de Medio Ambiente) e a Asociación GALPon (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra)"


Social, por doar equipos reciclados a entidades sociais e por incorporar persoas voluntarias ara realizar os traballos.
Ambiental, por reducir o volume de residuos e aproveitar os que aínda serven.
De promoción do Software Libre, que se incorpora nos equipos doados.