Obxectivos
O Grupo de Estudos das Tecnoloxías Libres da Tradución (GETLT)
desenvolve as suas actividades en aspectos relacionados con:
- a análise e o fomento do uso do software libre na prática
profisional da tradución;
- a análise e o fomento do uso do software libre na formación das
persoas que se dedican a esta actividade;
- a visibilidade e a proxeción do traballo desenvolvido polas
comunidades que colaboran na tradución de proxectos libres;
- o estímulo a cooperación de estudantes, docentes e profisionais da
tradución coas comunidades que colaboran na tradución de proxectos
libres.
Membros
Actualmente, son membros do GETLT as profesoras Marta García González, Maite Veiga Díaz e Maria Jose Fernández Pintelos e o profesor Oscar Diaz Fouces (IP), docentes do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo. Emma García Bertoa participou nas actividades do grupo no curso 2010-2011, con unha Bolsa de Colaboración en Departamentos.
Proxectos
O Grupo de Estudos das Tecnoloxías Libres da Tradución desenvolveu entre os anos 2008 e 2010 o proxecto PGIDIT07PX1B302200PR, "Creación dunha plataforma docente GNU/LINUX para a formación de tradutores - localizadores de software - subtituladores", subsidiado pola Xunta de Galiza, no marco do programa Incite, da Consellaría de Innovación e Industria.
Actividades
Podes consultar máis información sobre as actividades do GETLT (publicacións, difusión) nesta ligazón.
