“Paisaxes Culturais da Auga”

Dende o GEAAT queremos sumarnos ao punto de encontro que a Semana do Campus da Auga 2014 no Campus de Ourense propón entre os días 17 e 22 de marzo deste ano. Razón pola que quixemos organizar un seminario aberto para presentar as nosas liñas de investigación e poder mostrar ese outro patrimonio relacionado coa auga. Esa visión humana e cultural que complementa un recurso natural único.

.: O día escollido para o evento é o xoves 20 de marzo dende as 12:00 da mañá e ata as 21:00 da noite.
.: O lugar será o Salón de Graos da Facultade de Historia, Edificio Facultades (Edificio de Ferro), Campus de Ourense
.: O programa está dispoñible en pdf nesta ligazón.

Estades tod@s convidad@s a participar!!! A auga corre por conta da organización. ;)

Cartaz Seminario Paisaxes Culturais da Auga 2014