|
|
CNC
...a
modernización baséase tamén na actualización
ou introducción nos sistemas de fabricación
de máquinas gobernadas por control numérico...
|
PRESENTACIÓN
A
introducción masiva no entorno da producción industrial,
dende a década dos 80, de máquinas-ferramenta
de control numérico, robots, almacéns automáticos,
etc., como solución ás novas circunstancias que
esixen respostas casi inmediatas, ten xerado importantes vantaxes
sobre os métodos de producción tradicionais. Como
resultado directo acádase a fabricación de series
intermedias de pezas a costes comparables ós das grandes
series, mellorando notablemente a calidade e flexibilidade da
fabricación, así como unha importante reducción
de tempos, todo o cal posibilita o uso de novos enfoques na
organización da producción; é o caso do
“Just in Time”. Todo elo implica o coñecemento
dun novo entorno productivo con novas máquinas, procesos,
sistemas de manutención e organización, nun amplo
abano de sectores como o da empresa auxiliar da automoción,
o do metal, o sector da madeira e fabricación de mobiliario,
o de transformación do granito, etc., e noutros sectores
nos que a modernización baséase tamén na
actualización ou introducción nos sistemas de
fabricación de máquinas gobernadas por control
numérico. O resultado é un aumento da productividade,
pero tamén implica, para desenvolver axeitadamente estas
tarefas, a necesidade de mellorar a cualificación do
personal actual e/ou de incorporar novo personal xa cualificado,
no tocante á manipulación e programación
de máquinas con sistemas de control numérico.