Inicio

Día de Rosalía 2024

O vindeiro venres 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía 2024.

 

 
 

Os primeiros 25 anos da Facultade de Filoloxía e Tradución

Matrícula 2023/2024

 
 

Campus Remoto

Campus Remoto é o novo servizo que centraliza nun único punto as diversas ferramentas de teledocencia da Universidade de Vigo: FaiTIC, Aulas virtuais “en directo” e Foro do profesorado.
 

Estudos

Estudos de grao

  • Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
  • Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
  • Grao en Tradución e Interpretación
  • Grao en Linguas Estranxeiras

Estudos de máster

  • Máster Interuniversitario en Lingüística Aplicada
  • Máster en Tradución para a Comunicación Internacional
  • Máster Interuniversitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
  • Máster en Tradución Multimedia

Distintivo de Igualdade

O Distintivo de Igualdade nace coa fin de visibilizar e de recoñecer pública e institucionalmente o esforzo de moitas persoas que, na nosa universidade, loitan día a día por investigar, ensinar, transferir, xestionar e producir coñecemento científico, incorporando a ollada de xénero e feminista. Esta iniciativa pretende recoñecer o traballo dos centros, escolas e facultades no ámbito do fomento da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e, deste xeito, acadar unha universidade máis humana, igualitaria e xusta.

A Facultade de Filoloxía e Tradución obtivo o Distintivo de Igualdade o 14 de setembro de 2021.

Centro certificado FIDES-AUDIT

A Facultade de Filoloxía e Tradución deseñou un Sistema de Garantía de Calidade (SGC) en colaboración coa Área de Calidade da Universidade de Vigo e conforme ás directrices do programa FIDES-AUDIT.

A ACSUG emitiu a correspondente avaliación positiva do deseño do SGC do centro o 26/04/2010. Posteriormente, con data 07/10/2014, a ACSUG emitiu con resultado favorable o informe de certificación de implantación do SGC no centro. Dita certificación foi renovada con data 11/10/2022.