Matemáticas 0

Notas. @s alumn@s que teñen algún compromiso pendente tamén figuran como non presentad@s.

Presentación de traballos:

Os alumn@s que non reservaron praza para expoñer poden, se queren superar a materia, escoller de xeito excluinte entre

  1. Presentarse ós exames oficiales, onde as preguntas serán sobre o programa GeoGebra ou KTurtle (a escoller pol@ alumn@)

  2. Remitirme por correo electrónico, antes das 23:59 do día 15 de xuño, un traballo impreso en PDF e un enlace a un video ca exposición do traballo. Se hai algún despistad@ que non ten tema (aínda), o grupo ten que facerme a proposta (breve guión requerido) e preparalo despois da miña aprobación. Eventualmente chamarei os grupos que escollan esta opción para aclaracións sobre o traballo.

¡Os prazos son estrictos!

12 Maio:

3/3: Grupo PRM, VTB, SGM. Calc megaupload

2/3: Grupo SDV, BGI, MIR, NRA, SBT, RFL. KTurtle.

1/3: Grupo DCLT, AGT, SSF, MGG. GeoGebra 1 2

10 Maio:

3/3: Grupo CGM, JRM, MPB, ABP, ALR. Programa KTurtle youtube trébol

2/3: Grupo GPJ, IVP, JFF, AID. Programa Tracker enlace

1/3: Grupo SRL, MJP, OFF, EAA, LCF, ELF. Programa Celestia youtube1 youtube2

5 Maio:

2/3: Grupo NC, EIMO, NRC. Game Physics Software Video

1/3: Grupo PCB, JFG, MFC, RLM, EPP, CSS. Phun/Algodoo enlace

3 Maio:

2/3 Grupo LPR, ERP, SVG. http://www.youtube.com/watch?v=bDJS9kHyIyw

1/3 Grupo SPF, AAG, ARG, LPB, IDS, ACL: Calendario maya 1 2 3 4

28 Abril: Vacío

26 Abril:

Grupo ADB, BMR, IPG, LPR. Open Universe.

12 Abril: Vacío

0/3: Grupo TBA, MCM, ECC, SPI, JRS, MRF. Stellarium http://www.youtube.com/watch?v=GPOPl-paEt4, http://www.youtube.com/watch?v=8Z0fl8B45ss&feature=related, http://www.youtube.com/watch?v=qU0eXyWpfbA

7 Abril: Vacío

5 Abril

Grupo DAA, PFA, LGF, ASJ. Programa Celestia. Video (2GiB: millor descargar e visionar offline)

Grupo ECD, MLV, APB, EMPM, ARP. Programa OpenOffice Math. Youtube







Programa

Faitic? Votos a favor: 11, indiferentes: 1. Censo: 93. OK, aínda que á maioría élles igual, vou poñela asignatura na plataforma. Pedín a apertura o xoves 17 de marzo. Estou a espera da resposta (como se descoiden un pouco remata o curso :) )

1/III/11

Consonte o establecido no programa, hoxe rematamos o primeiro tercio da asignatura.

Menú do día:

  1. Descripción sinxela de dous novos tipos de posibles traballos: xeometría da tartaruga e cómo escribir fórmulas matemáticas e/ou facer presentacións que conteñen fórmulas.

  2. Indicacións de cómo hai que presentar os traballos.

  3. Despedida (temporal).

24/II/11

Hoxe veremos o programa de xeometría interactiva GeoGebra. É de especial interese para @s alumn@s da Facultade de Educación. Poderanse facer varios traballos con este programa.

22/II/11

Traede os ordenadores (¡batería chea!). Traede mirado o vídeo “Conexion_rede_sen_fios” que está na carpeta Vídeos, e comprobado se o voso ordenador pode conectarse (algúns non poderán. Tentaremos arranxalo). Cada un/ha debe coñecer cómo conectarse á rede inalámbrica da Universidade (se aínda nono fixéchedes, visitade http://correoweb.uvigo.es).

Na clase de hoxe veremos cómo instalar novos programas e cómo executalos. Baixaremos un para gravar o que facemos na pantalla e veremos cómo instalar o fondo de pantalla co mapa do mundo. Se hai tempo farei un repaso a algúns dos programas preinstalados e empezarei a descripción dun deles.

Lembrade que:

tedes que me entregar ficha,

tedes que formar un grupo de 4-5 estudiantes (+-1)

teredes que escoller un programa e facer un traballo sobre él.

17/II/11

Dedicaremos a clase a terminar de resolver os problemas de instalación nos ordenadores. Deben vir os que aínda non teñan acceso a un ordenador ca distribución proposta funcionando (ou a unha alternativa GNU/Linux).

O martes 22 debédes vir tod@s!

15/II/11

Na clase de hoxe, martes, verei como vai o arranque dos vosos portátiles ca distribución proposta. Traédeos ca batería chea. Farei copias nos vosos pendrives (os que teñades. Teñen que ser >= 4Gib!). Para @s alumn@s ós que lle funciona o ordenador ca distribución, @s que teñan como sistema operativo Ubuntu (ou outro Linux) a súa presencia hoxe é excusable.

Varios de vos preguntachedes acerca da asignatura en Faitic. Se é un desexo xeral, podo abrir alí un espacio para Matemáticas 0. Qué pensa a maioría? ENQUISA: @s que queirades, mandádeme un correo con “faitic mat 0” no subject e no corpo unha de 3 posibilidades: “si”, “non”, “indiferente”. Se hai bastante participación e gaña o “si”, falamos mais do asunto.

En función do caos/orde da clase de hoxe, prolongareina para o xoves 17 ou non. Estade atent@s a esta páxina! En calquiera caso, a ver se o martes 22 podemos abandonar a teima do arranque en Linux.

8/II/11

Olvidámonos de levar o ordenador! (bueno, tod@s menos 3).

Notas:

  1. Ó canón non lle gustan os cambios de ordenador sen reinicios.

  2. Cada alumn@ ten que averiguar cómo cambiar a orde de arranque (boot) no seu ordenador (F?, tecla Escape, ... nada mais encender …)

  3. Se non o temos, descargar un programa para grabar imaxes (*.iso) co noso sistema operativo (nun buscador: “grabar” “imaxes” “iso”. Ver, por exemplo, http://www.guia-ubuntu.org/index.php?title=Grabar_imagen_ISO). Mac-usuarias: buscade como facelo e contádelo na clase.

Na clase do xoves 10/II temos que levar o ordenador ca batería a tope (podédes facer grupos de 2 ou 3 cun ordenador, se queredes), un DVD virxe, poder usar a rede inalámbrica da Uvigo e ter baixado o arquivo da nota do día anterior. Se tes un portátil sin disco, ou ben trae unha unidade externa de CD ou cando a tua compañeira con unidade integrada teña a distribución GNU/Linux faremos un pendrive (> 4 GiB) autoarrancable. (Hai poucos enchufes!)

A distribución proposta é unha versión recente de Ubuntu. Pode que nalgún ordenador haxa problemas ca tarxeta gráfica. Proporei outra distribución na que este problema non apareza para estes ordenadores .

“Eu xa uso Linux”: Ben! Acude a clase para botarlle unha man os compañeiros.

“Eu xa copiei o arquivo nun DVD”. Ben! Se arrancaches o novo sistema con éxito, xa cumpriches os obxectivos do día. Benvid@ para botar unha man!

3/II/11

Dedicaremos a clase do 8/II (e eventualmente a do 10/II) a aprender a facer unha imaxe dunha distribución de GNU/Linux. Para elo, recomendo levar un portátil a clase, un DVD virxe (se ten unidade de CD/DVD) e ter baixado no ordenador este arquivo. (¡Baixadeo dende unha conexión rápida! ¡Pesa moito: Son 2.8 GiB!). Un pendrive de 4 GB é un adecuado sustituto ao DVD.

Tamén é convinte que poidades acceder á rede inalámbrica da Uvigo.