Escola universitaria de enfermaría · Ourense

O Centro · Calendario · Titulacións · Exames · Taboleiro de novas

 

Enderezo:

Escola universitaria de enfermaría

Hospital Santa María Nai
r. Ramón Puga, 56. 32005 Ourense

Tel./Fax: 988 385 458
Mail: secenfou@uvigo.es


Horarios:

Secretaría: Luns a venres de 9 a 14 h.
Conserxería: Luns a venres de 8 a 22 h.

Centro: Luns e venres de 8 a 22 h.



Equipo Directivo






PRESENTACIÓN

Benvidos á Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense. É o noso anhelo que o curso supoña para vós unha grata experiencia persoal e académica.

Neste curso académico comenzan os estudos de Grao para Enfermaría, estudos moi desexados por todos os profesionais enfermeiros xa que posibilita acceder ao doutoramento en Enfermaría

Os alumnos constituides unha parte moi importante desta Escola e anímovos por iso a que, co voso esforzo contribuades a facer dela un dos centros máis importantes da Universidade de Vigo.

A Dirección desta Escola estima que a edición desta Guía Académica é de grande utilidade para os Alumnos, por ser un manual de auto-orientación co que cada estudante poida planificar correctamente as súas diferentes actividades académicas e compatibilizalas con outras actividades e intereses persoais, en calquera caso, e para posibilitar consultas sobre aspectos concretos, a guía detalla así mesmo a composición do persoal da Escola de Enfermaría, e recomenda a súa lectura polo miúdo e prega unha permanente atención ás disposicións que, no seu momento, figuren nos taboleiros de anuncios. Este esforzo haberá de redundar nun mellor funcionamento da Escola e en beneficio dos seus alumnos.

A Escola é un lugar de encontro e unión entre diferentes profesores, departamentos, alumnos e outros estamentos universitarios. É por iso, un foro permanente de reflexión, debate e divulgación científica de todo aquilo relacionado coas Ciencias Sociais e da Saúde, non só para a comunidade universitaria, senón para toda a sociedade no seu conxunto. Non completaría ademais a súa función, se non fora quen de transmitir a todos os seus membros un sentimento profundo de identidade académica e profesional.


Un Centro Universitario tiene que estar en permanente contacto con la sociedad de la que forma parte, ello ha motivado el establecimiento de estrechos lazos de relación, tanto social como profesional con organismos sociosanitarios y organismos relacionados, con nuestra profesión.


LA DIRECTORA

 

O Centro