Marcados
pola excelencia


 

Na Universidade de Vigo cada estudante é excelente. E cada mestrado. E cada profesor.

Porque fomos recoñecidos como Campus de Excelencia Internacional, o que nos sitúa na vangarda da formación, investigación, tecnoloxía e transferencia do coñecemento. Somos un ecosistema de coñecemento que favorece o desenvolvemento económico de Galicia. Porque máis da metade dos 44 mestrados de investigación proceden de doutoramentos con mención de calidade. Porque os 32 mestrados profesionalizantes contan co respaldo dos convenios da Universidade de Vigo con máis de 1000 empresas para a realización de prácticas e a inserción laboral. Se buscas unha universidade excelente, nós levámolo no noso ADN.