empreGO!

05 de maio do 2010

A xornada en tweets. Mércores 5 de maio

Rematou con éxito a primeira xornada de empreGO! e toca facer resumo. Por se te perdiche algo no día de hoxe, non puideche asistir ou queres revivir algún dos mellores momentos da xornada, recollemos a continuación a actividade en Twitter tanto do noso perfil como dos usuarios que se animaron a compartir impresións con nós a través da rede social, sendo visibles ao longo de toda a xornada no noso magnífico plasma.

Non vos esquezades de que mañá ás 9:30 seguimos no descanso do primeiro piso con conferencias e obradoiros e que tamén poderás seguir empreGO! en directo a través do noso perfil en Twitter ;)


26 de abril do 2010

As acreditacións e a alfombra fucsia ao completo

Logo do desfile dalgúns dos convidados pola nosa alfombra fucsia virtual, chegou o momento que moitos de vós estabades agardando. Seguindo cos descubrimentos, hoxe tócalle o turno ao programa ao completo, que tamén poderedes atopar logo do salto.

E, para rematar o luns de sorpresas, tamén habilitamos os formularios de inscrición para os estudantes ou licenciados que desexen participar en empreGO!. Lembramos que a inscrición e asistencia a empreGO! é imprescindible para a expedición do diploma, para o recoñecemento dun crédito de libre elección e que tamén será obrigatorio estar inscrito para poder presentar currículo ou portfolio.

E todo isto, de balde! :D

Ler máis…

24 de abril do 2010

Miami’s alfombra fucsia

Hai invitados que veñen desde moi lonxe. Non desde Miami propiamente dito, onde poderíamos estar agora tomando o sol e tomándolle algo baixo unha palmeira, pero si desde a Miami Ad School de Madrid chega o noso seguinte convidado a empreGO! A alfombra fucsia só é unha mostra das estrelas que andarán entre os días 5 e 6 de maio pola Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. A semana que vén teredes grandes sorpresas, así que atentos ás vosas pantallas.

Mentras, pola alfombra fucsia pasa… Ler máis…

21 de abril do 2010

En tacóns pola alfombra fucsia

En empreGO! seguimos botando por terra o mito de que no ámbito publicitario hai moi poucas mulleres. Ás probas nos remitimos: a maioría do alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación son rapazas. A María Juanatey úneselle entón unha das grandes do panorama publicitario español.

Atención, paparazzis, o ruído dos tacóns vaise achegando… Ler máis…

20 de abril do 2010

Volver …pisando a alfombra fucsia

Un mítico anuncio de televisión di que hai que volver á casa polo Nadal, pero se se presenta a oportunidade de volver antes de que esa data sinalada chegue para pisar unha alfombra fucsia, a invitación sempre é ben recibida. A estrela de hoxe coñece moi ben este lugar, pero agora vén pisando máis forte ca nunca.

A porta da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación rodéase de paparazzis para recibir, agora como estrela a … Ler máis…

19 de abril do 2010

Estendendo a alfombra fucsia

Segue o desfile de nomes das grandes figuras que virán a empreGO! os días 5 e 6 de maio á Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. Ao ver un coche ao lonxe o público achégase á alfombra fucsia. Quen será o seguinte en desfilar por aquí?

O segundo en ser asaltado polos paparazzis é… Ler máis…

16 de abril do 2010

A alfombra fucsia

Todo acto que se prece é precedido dun deslumbrante paseo dos convidados polo camiño que os leva ata as instalacións onde se celebrará o acontecemento. Nós, se cadra non entregamos premios, pero gústanos que os nosos convidados sexan tratados como estrelas, porque verdadeiramente o son. Así, a través da nosa alfombra fucsia particular iremos desvelando pouco a pouco os nomes dos convidados que se concentrarán na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra os días 5 e 6 de maio.

Que soen os ruídos dos flashes e os gritos do público que se congrega ás beiras da alfombra fucsia. O primeiro en saír do coche é… Ler máis…

12 de abril do 2010

Ola mundo!

QUE É empreGO!?

empreGO! é un obradoiro activo de busca de emprego no mercado publicitario pensado para estudantes dos últimos cursos e recén egresados das licenciaturas en Publicidade e Relacións Públicas e Comunicación Audiovisual.

COMO O FACEMOS?

Durante dous días, os participantes poderán asistir a conferencias e escoitar os consellos de profesionais do ámbito publicitario que os orientarán para abrirse camiño no competido mercado laboral ao que pronto se enfrontarán. De xeito paralelo os participantes terán a posibilidade de presentar os seus currículos e portfolios cara a cara con responsables de selección de axencias de ámbito autonómico e estatal.

CANDO E ONDE?

5 e 6 de maio de 2010 na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo.

QUEN O ORGANIZA?

Os responsables deste experimento son Jorge Lens, Chechu Pérez e Alberto Dafonte, profesores da Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo.

QUERO APUNTARME!!

En breve habilitaremos un formulario de inscrición na web. A matrícula é gratuíta e contamos coa concesión dun crédito de libre elección para estudantes de Publicidade e Relacións Públicas e Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo.

QUERO SABER MÁIS!!

Séguenos en facebook e twitter para estar ao tanto de todo o que se está cocendo en empreGO! día a día.