Inicio

 

Benvidos á páxina web do Departamento de Historia, Arte e Xeografía

 

O Departamento está integrado polas seguintes áreas de coñecemento: Arqueoloxía, Ciencias e Técnicas Historiográficas, Historia Antiga, Historia Contemporánea, Historia de América, Historia Medieval, Historia Moderna, Prehistoria, Historia da Arte, Análise Xeográfica Rexional, Xeografía Física e Xeografía Humana.

O profesorado do departamento imparte docencia nas titulacións de Grao en Xeografía e Historia, Grao en Turismo, Grao en Educación Infantil e Grao en Educación Primaria (campus de Ourense), Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Grao en Educación Infantil, Grao en Educación Primaria e Grao en Belas Artes (campus de Pontevedra) e Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, Grao en Linguas Estranxeiras e Grao en Tradución e Interpretación (campus de Vigo).

Ademais o seu persoal forma parte de diferentes grupos de investigación que participan en numerosos proxectos I+D+i, financiados tanto en convocatorias públicas competitivas (fondos FEDER, proxectos de investigación do Plan Nacional, Xunta de Galicia) como polo sector privado.