Recursos

1.Recursos propios

AULAS DE TEORÍA E SEMINARIOS


A Facultade dispón dun total de 10 aulas con capacidades que oscilan entre os 14 e 101 postos, dependendo da aula. Todas elas están dotadas de equipo informático e medios de proxección dixital para presentacións multimedia. O seu uso habitual é a impartición de clases maxistrais a grupos grandes, medianos ou pequenos. Tamén son utilizadas para a realización de exames e outras probas escritas e orais, presentacións por parte do estudantado, conferencias, proxeccións, etc.


LABORATORIOS DOCENTES

A Facultade dispón dun total de 18 laboratorios docentes, repartidos entre os distintos departamentos:

5 Laboratorios de Química Analítica

4 Laboratorios de Química Física

4 Laboratorios de Química Inorgánica

4 Laboratorios de Química Orgánica

1 Laboratorio de RMN

Neles os alumnos poden desenvolver as súas clases prácticas.


AULA DE INFORMÁTICA

A Facultade dispón dun aula de informática cun total de 20 postos dotados de ordenador con conexión a Internet. Utilizase na docencia dalgunhas materias dos diferentes planos de estudos da Facultade. No horario de libre acceso, calquera estudante pode utilizar as súas instalacións na realización de traballos, exercicios ou proxectos programados, ou dentro da súa actividade de estudo autónoma. 


SALÓN DE ACTOS

A Facultade dispón dun Salón de Actos con capacidade para 380 persoas. Está dotado de medios de proxección de cine e vídeo e amplificación de son, así como equipo informático e medios de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia.

SALÓN DE GRAOS

Salón dotado de butacas con pala, mesa presidencial e atril. Dispón dun equipo informático e de medios de proxección para presentacións multimedia. Destinado a conferencias, proxeccións, reunións e actos protocolarios.


AULA MAGNA 

Aula tipo anfiteatro con capacidade para 210 persoas. 

BIBLIOTECA

A biblioteca de Ciencias Experimentais, que se atopa nun edificio anexo, está dotada de salas de lectura, postos individuais para o alumnado e acceso directo aos fondos bibliográficos. Así como salas para a realización de traballos en grupo e acceso a internet para o alumnado.


AULA DE VIDEOCONFERENCIA

(EN CONSTRUCCIÓN)


2.Outras infraestruturas e dotacións


SERVIZO DE REPROGRAFÍA

O centro dispón de servizo de reprografía atendido por unha empresa externa.


CAFETERÍA E COMEDOR

O centro dispón de servizo de cafetería e comedor atendido por unha empresa externa.