Estudantes Saíntes
Nesta páxina atoparedes información sobre os requisitos para participar nos distintos programas de intercambio ofertados pola Facultade. Así mesmo, tamén se establecerán enlaces coas novas normativas que xurdan nas diferentes Convocatorias de Mobilidade así como calquera outra nova información xeral ou relevante para os estudantes que queiran realizar un intercambio.
NORMATIVA
Normativa Libre Mobilidade Universidade de Vigo.pdf (217.5 kB)
Alumnado de Intercambio Admitido na Facultade de Química
Alumnado admitido no Programa Erasmus para o curso 2012-13:
Castiñeira Reis, Marta
PROGRAMA ERASMUS
¿Cándo sae a convocatoria?
A convocatoria sae en febreiro.
¿Que requisitos deben cumprir os solicitantes?
REQUISITOS XERAIS (consultar a convocatoria)
- Ser estudante da Unión Europea (ou con residencia permanente) e estar matriculado na Universidade de Vigo.
- Ter coñecementos da lingua estranxeira necesaria para cursar os estudos. En caso de non posuír ningún documento que acredite o coñecemento do idioma, o solicitante ten a posibilidade de realizar unha proba de nivel a fin de cumprir con este requisito
REQUISITOS ACADÉMICOS DA FACULTADE DE QUÍMICA (consultar normativa)
Para estudantes de Licenciatura:
- Estar en condicións de estudar o segundo ciclo (4º-5º) de Licenciatura en Química.
Para estudantes de Grao:
- Estar en condicións de estudar 4º curso de Grao.
- Ter aprobado todas as materias de primeiro e de segundo de Grao, e ter superado un mínimo de 48 créditos ECTS de terceiro curso.
- Ter unha nota media simple no expediente superior ou igual a 0.8, segundo o criterio da Xunta de Galicia (DOG, 30 de setembro do 2011), no momento que finalice o prazo fixado pola ORI para a entrega da documentación (se estima que será en febreiro de 2012).
¿Como se fai a asignación das prazas?
Asignaranse as prazas por expediente académico (nota media simple segundo a define a Consellería de Educación, DOG, 30 de setembro de 2011) tendo en conta os requisitos de idioma e adaptación do perfil do candidato á universidade de destino.
¿Qué materias da Universidade de Vigo se poden cursar como Erasmus?
Calquera materia da Facultade, sempre que sexa acordado antes co Coordinador de Mobilidade de Estudantes, a través da confección do compromiso previo de recoñecemento académico (contrato de estudos), que se elaborará on-line a través de Xescampus ou da plataforma pertinente. Neste contrato se indican as materias a cursar na universidade de destino e as materias da Universidade de Vigo que serán obxecto de recoñecemento, que deben cumprir as seguintes condicións:
- Un máximo de créditos equivalente a un curso completo (60 ECTS) e un mínimo de 30 ECTS.
- Só se poden cursar as materias que non se suspenderon en cursos pasados.
¿Onde podo atopar máis información?
Na páxina Web da Oficina de Relacións Internacionais (ORI) no apartado Erasmus.
Na Normativa de Libre Mobilidade da Universidade de Vigo
Na Normativa de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo
Na Normativa de Mobilidade da Facultade de Química
Para ver os posibles destinos consulta a Lista dos Convenios de Intercambio de Estudantes da Facultade de Química
PROGRAMA ISEP
¿Qué é o programa ISEP?
ISEP (International Student Exchange Programme) é unha rede de máis de 200 universidades de todo o mundo, que ten por obxectivo facilitar a mobilidade física de estudantes dos últimos anos e de posgrao. Grazas a este programa o custo do desenvolvemento dun cuadrimestre ou dun ano académico completo nos EEUU queda reducido a preto dunha décima parte.
¿Qué requisitos deben cumprir os solicitantes?
REQUISITOS XERAIS (consultar convocatoria)
- Estar matriculado/a no curso académico 2012/13 nos segundos ciclos das titulacións L.R.U., ou en 3º ou 4º cursos dos graos que se ofertan na Universidade de Vigo. Estar matriculado no 2º ciclo da licenciatura cando se cursa a solicitude.
- Ter todo primeiro aprobado e menos de 5 materias pendentes de 2º e 3º curso.
- Estar en posesión do Test of English as a Foreign Language (TOEFL iBT).
REQUISITOS ACADÉMICOS DA FACULTADE DE QUÍMICA (consultar normativa)
Para estudantes de Licenciatura:
- Estar en condicións de estudar o segundo ciclo (4º-5º) de Licenciatura en Química.
Para estudantes de Grao:
- Estar en condicións de estudar 4º curso de Grao.
- Ter aprobado todas as materias de primeiro e de segundo de Grao, e ter superado un mínimo de 48 créditos ECTS de terceiro curso.
- Ter unha nota media simple no expediente superior ou igual a 0.8, segundo o criterio da Xunta de Galicia (DOG, 30 de setembro do 2011), no momento que finalice o prazo fixado pola ORI para a entrega da documentación.
¿Cando sae a convocatoria?
En novembro.
¿Quén realiza a selección e cales son os criterios?
A Oficina de Relacións Internacionais e o coordinador ISEP da Universidade de Vigo realizarán a selección dos/das candidatos/as, tendo en conta os expedientes académicos.
Terán preferencia os/as estudantes que solicitan estancias anuais e os que cursan a solicitude por primeira vez.
¿Qué materias poden ser validadas?
Calquera materia da Facultade (troncal, obrigatoria u optativa), sempre que fose acordado antes co Coordinador de Mobilidade de Estudantes da Facultade de Química, a través da confección dun compromiso previo de recoñecemento académico (contrato de estudos), no que se indican as materias a cursar na universidade de destino e as materias da Universidade de Vigo que serán obxecto de recoñecemento.
¿Onde podo atopar máis información?
Na páxina Web da Oficina de Relacións Internacionais (ORI) no apartado de ISEP.
Na Normativa de Libre Mobilidade da Universidade de Vigo
Na Normativa de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo
Na Normativa de Mobilidade da Facultade de Química
¿Qué Universidades de destino podo escoller?
A listaxe de universidades de EE.UU. e os enlaces correspondentes están dispoñibles na páxina web de ISEP (http://www.isep.org), dentro da sección International Students.
PROGRAMA SICUE
Lista de intercambios concedidos
¿Qué é o programa SICUE?
O programa SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois) é un programa que permite a realización parcial de estudos nunha universidade española diferente da de orixe do alumnado, sen que este perda a súa condición de estudante da propia universidade, e polo tanto, sen traslado de expediente. É necesario salientar que acadar unha praza SICUE é requirimento necesario para poder optar ao financiamento Séneca.
¿Qué requisitos xerais deben cumprir os solicitantes? (consultar convocatoria)
- Ter superados máis de 90 créditos da licenciatura e 60 de grao.
- Estar matriculado de, polo menos, 30 créditos.
¿Qué requisitos deben cumprir os estudantes da Facultade de Química? (consultar normativa)
Para estudantes de Licenciatura:
- Estar en condicións de estudar o segundo ciclo (4º-5º) de Licenciatura en Química.
Para estudantes de Grao:
- Estar en condicións de estudar 4º curso de Grao.
- Ter aprobado todas as materias de primeiro e de segundo de Grao, e ter superado un mínimo de 48 créditos ECTS de terceiro curso.
- Ter unha nota media simple no expediente superior ou igual a 0.8, segundo o criterio da Xunta de Galicia (DOG, 30 de setembro do 2011), no momento que finalice o prazo fixado pola Vicerreitoría para a entrega da documentación.
¿Cando sae a convocatoria?
En xaneiro.
¿Quen realiza a selección e cales son os criterios?
As solicitudes son tramitadas e seleccionadas pola Vicerreitoría de Organización Académica, Profesorado e Titulacións. O principal criterio de asignación é o expediente académico. Tamén se puntúa a memoria xustificativa da petición.
¿Que materias poden ser validadas?
Calquera materia da Facultade (troncal, obrigatoria ou optativa), sempre que sexa acordado antes co Coordinador de Mobilidade de Estudantes da Facultade de Química, a través da confección dun compromiso previo de recoñecemento académico (contrato de estudos), no cal se indican as materias a cursar na universidade de destino e as materias da Universidade de Vigo que serán obxecto de recoñecemento.
¿Qué relación hai entre as prazas SICUE e as bolsas Séneca?
A convocatoria SICUE e a convocatoria de bolsas Séneca están vinculadas, pero son convocatorias separadas. A concesión dunha praza SICUE non garante a obtención dunha bolsa Séneca. As prazas SICUE son asignadas pola Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado da Universidade de Vigo. As bolsas Séneca solicítanse nunha convocatoria que abre o Ministerio de Educación e, para poder obtelas, é imprescindible ter concedida unha praza SICUE. Debido a que as convocatorias SICUE e de bolsas Séneca son convocatorias separadas os trámites de ambas solicitudes fanse tamén por separado.
¿Onde podo atopar máis información?
IMPORTANTE:
Na páxina web da Vicerreitoría de Organización Académica, Profesorado e Titulacións no apartado SICUE.
Na páxina web do Ministerio de Educación coa información acerca das Bolsas Séneca.
Listaxe de posibles universidades de destino.
OUTRAS CONVOCATORIAS DE MOBILIDADE
Información acerca de outras convocatorias de mobilidade:
- Listaxe de convenios internacionais bilaterais da Universidade de Vigo.
- Listaxe de convenios de intercambio da Facultade de Química.
- Programa Vulcanus de prácticas en Xapón no sector industrial para estudantes da Unión Europea.
- Programa Nacional de Bolsas da República Eslovaca.
