cabecera

Presenza social da Universidade de Vigo

O Consello Social, que goza de plena independencia no exercicio das súas competencias, é o órgano de participación da sociedade na Universidade que impulsa a colaboración entre elas contribuíndo eficazmente ao desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico e cultural de Galicia;á mellora da calidade do servizo público da educación superior universitaria e mais á obtención dos recursos precisos para procurar a súa suficiencia económica e financeira. Foi constituído o 20 de xullo de 1995, en aplicación das leis 5/1987 e 11/1989.

Por lei, correspóndelle ao Consello Social, entre outras funcións: aprobar o orzamento anual e a programación plurianual da Universidade tras o informe do Consello de Goberno; aprobar as contas anuais da Universidade e das sociedades nas que teña presenza maioritaria, podendo encargar a realización de auditorías externas; aprobar a disposición sobre bens inmobles e mobles da Universidade e a desafectación dos seus bens de dominio público; supervisar o rendemento e a calidade dos servizos universitarios; promover a colaboración da sociedade no financiamento do ensino e da investigación da Universidade e a captación de recursos económicos externos; impulsar actuacións que propicien un maior achegamento dos estudantes ás demandas do mercado laboral; favorecer as actividades orientadas a completar a formación integral dos estudantes e aprobar as normas que regulen o progreso e permanencia dos alumnos na universidade; promover as bases da política de bolsas, axudas e créditos para o estudo e a investigación; propoñer á Xunta de Galicia a creación, implantación ou supresión de facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias; fixar os prezos das ensinanzas propias, dos cursos de especialización e os referentes ás demais actividades autorizadas pola Universidade; realizar estudos sobre a adecuación da oferta de titulacións e dos plans de estudos sobre o rendemento académico do alumnado e sobre a inserción laboral dos titulados.

O Consello Social está integrado por un máximo de 31 membros:

POR PARTE DA UNIVERSIDADE

  • Serán membros natos: o Reitor, a secretaria xeral e o xerente da UVigo.
  • En representación del Consello de Goberno de la Universidade: un profesor, un estudiante y un representante del personal de administración y servicios.

POR PARTE DA SOCIEDADE

  • En representación dos intereses sociais: o presidente do Consello Social, seis membros designados polo Parlamento de Galicia, seis membros designados pola Xunta de Galicia, un membro designado por cada un dos sindicatos máis representativos no territorio da comunidade autónoma de Galicia, catro membros designados polas organizacións empresariais máis representativas dos sectores estratéxicos da economía galega na área de influencia da universidade; un membro designado pola Asociación de Antigos Alumnos; un membro designado polos colexios profesionais a través da dúa entidade asociativa máis representativa e un membro designado por cada unha das tres corporacións municipais onde se localizan os campus.

Actualmente é presidente do Consello Social Don Ernesto Pedrosa Silva, que foi designado para o cargo polo Presidente da Xunta de Galicia Don Alberto Nuñez Feijoó o 1 de setembro de 2011 (DOG de 22 de setembro). Foi precedido por Don Emilio Atrio Abad. Exerce como secretario Don Ignacio Rodríguez Iglesias.

Ex-presidentes: Don Emilio Atrio Abad (24-07-2003 a 23-09-2011) e Don Alfonso Zulueta (07-03-1996 a 24-07-2003)

O máximo órgano de goberno é o Pleno, que deberá reunirse un mínimo de catro veces ao ano, e despois de tres comisións permanentes:

  • Comisión Executiva.
  • Comisión Económica.
  • Comisión de Actividades e Servicios.

E unha temporal:

  • Comisión de Recoñecemento ás empresas que colaboran coa UVigo.

Don Ernesto Pedrosa
Don Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo.

Edificio Miralles UVigo
Universidade de Vigo. Edificio Miralles, sede do Consello Social da Universidade de Vigo.