Inicio  |  Obxectivos  |   Novas  | Grupos |  Mapa  |  Axenda  |   Prensa  |  Ligazóns  | I Xornada | II Xornadas |
Rede Galega de Conservación da Diversidade Biolóxica
gl es en
Actualizado
15/06/09
 
 
 
 
Contador

 

 

Novas


14/12/07 - O parque Illas Atlánticas, refuxio de morcegos en extinción.

As Illas Atlánticas, con Cíes á cabeza, converteranse nun refuxio de morcegos que corren perigo de extinción. Así o previu o organismo Parques Nacionais tras elaborar un estudo sobre a presenza e a situación de quirópteros nos arquipélagos. Os técnicos comprobaron in situ a presenza de polo menos tres especies (o mediterráneo, o de horta e o de ferradura ) e considérase que a súa conservación ten importantes implicacións ecolóxicas.
Máis información: http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2007/12/13/00031197582934519584557.htm


11/12/07 - O Congreso ESPARC2008 celebrarase en Baiona (Pontevedra).

O ESPARC2008 ou XIV Congreso de EUROPARC España vaise a celebrar en Baiona do 18 ó 22 de xuño de 2008.
EUROPARC-España é unha organización na que participan as institucións implicadas na planificación e xestión dos espacios naturais protexidos do Estado español. Constitúe o principal foro profesional onde se discuten e se elaboran propostas para a mellora destes espacios.
Maís información: http://www.europarc-es.org/intranet/EUROPARC/publicado/esparc08.html


05/12/07 - Inaguramos a nosa web en fase de probas.

Hoxe facemos pública a web de Cons-Bio. A web será a nosa faciana de cara ó mundo. Aínda non está rematada e por iso pode ser que algunhas funcionalidades non estén totalmente operativas. Esperamos que os guste.


© 2007 Rede Galega de Conservación da Diversidade Biolóxica - Contacto: cons-bio@uvigo.es