Inicio  |  Obxectivos  |   Novas  | Grupos |  Mapa  |  Axenda  |   Prensa  |  Ligazóns  | I Xornada | II Xornadas |
Rede Galega de Conservación da Diversidade Biolóxica
gl es en
Actualizado
17/09/09
 
 
 
 
Contador

 

 

II Xornadas sobre Conservación da Diversidade Biolóxica (2009)

As II Xornadas sobre Conservación da Diversidade Biolóxica organízanse no marco da Rede Galega de Conservación da Diversidade Biolóxica (Cons-Bio), financiada pola Dirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Entre os intereses de Cons-Bio está incrementar a conexión entre os grupos de investigación galegos e nacionais adicados á conservación das especies. Por ese motivo organízanse as presentes xornadas, nas que se pretende fomentar o intercambio e a discusión sobre temas relacionados coa conservación da diversidade biolóxica.

 

Estas xornadas hanse celebrar os vindeiros 24 e 25 de setembro de 2009 na Universidade da Coruña: CAMPUS ZAPATEIRA

 

Na segunda edición desta xuntanza vaise contar coa participación dos seguientes conferenciantes:

Primeiro día (conferencias):

- Marta Riutort (Universitat de Barcelona)
- Santiago C. González-Martínez (Instituto Nacional de Investigación y Tecnología Agraria y Alimentaria)
- Elena G. González (Museo Nacional de Ciencias Naturales, CSIC)
- Myriam Heuertz (Real Jardín Botánico, CSIC)
- Daniel Oro (Institut Mediterrani d’Estudis Avançats, Universitat de les Illes Balears & CSIC)
- Paola Laiolo (Instituto Cantábrico de Biodiversidad, Universidad de Oviedo & CSIC)
- Luis Costa Pérez (Servizo de Conservación da Natureza, Xunta de Galicia)
- María Quintela (Universidade da Coruña & Uppsala University)

Segundo día (obradoiro):

- Jinliang Wang (Zoological Society of London)
- Andrés Pérez-Figueroa (Universidade de Vigo)
- Silvia T. Rodríguez-Ramilo (Universidade de Vigo)

 

Programa

Xoves 24. SALÓN DE ACTOS da FACULTADE DE CIENCIAS

9:30. Recepción e entrega de documentación

10:00 - 10:15. Acto de apertura

10:20 - 11:00. Marta Riutort: “Filogeografía molecular de planarias terrestres (Platyhelminthes) en el Bosque Atlántico de Brasil: un nuevo organismo modelo para el estudio de la fragmentación del hábitat”

11:00 - 11:40. Santiago C. González-Martínez: “Diversidad genética, recombinación y huellas moleculares de selección natural y eventos demográficos en coníferas”

11:40 - 12:00. Café

12:00 - 12:40. Elena G. González: “Caracterización de la estructura de población y flujo genético en especies de peces marinas: limitaciones y nuevas direcciones”

12:40 - 13:20. Myriam Heuertz: “Can Pleistocene refuge theory explain within-species patterns of genetic diversity in African lowland rainforest trees?”

13:20 - 14:00. Daniel Oro: “Paradojas ecológicas en el mundo de la conservación frente al cambio global”

14:00 - 15:30. Xantar. CAFETERÍA da ESCOLA de APARELLADORES (o ticket para a comida está incluido na documentación da xornada)

15:30 - 17:00. Sesión de paneis

17:00 - 17:40. Paola Laiolo: “Song diversity predicts the viability of fragmented bird populations”

17:40 - 18:20. Luis Costa Pérez: “Declive y crisis del urogallo en España: lecciones de conservación de Galicia a los Pirineos”

18:20 - 19:00. María Quintela: “Genetic diversity and hybridization events in the genus Lagopus in Scandinavia”

 

Venres 25. AULA 2 do EDIFICIO ANEXO da FACULTADE DE CIENCIAS

9:00 - 10:30. Jinliang Wang: “A new method for estimating effective population sizes from a single sample of multilocus genotypes”. 45 minutes talk + hands-on computer session

10:30 - 10:45. Pausa

10:45 - 12:15. Andrés Pérez-Figueroa: “Estimation of effective population size based on linkage disequilibrium at unlinked gene loci”. 45 minutes talk + hands-on computer session

12:15 - 12:30. Pausa

12:30 - 14:00. Silvia T. Rodríguez-Ramilo: “Analysis of the gene and allelic diversity for the management of subpopulations in conservation programmes”. 45 minutes talk + hands-on computer session

 

Inscrición

Xoves 24 (conferencias e sesión de paneis). Aforo limitado ás 75 primeiras inscricións.
Venres 25 (obradoiro). Aforo limitado a 25 participantes seleccionad@s en función do seu CV.

Ampliación da data límite para envío da solicitude de inscrición: 11 de setembro de 2009

A inscrición é GRATUITA con carácter aberto a tod@s @s interesad@s en participar no evento e inclúe:

- Cafés e xantar (xoves 24)
- Certificados de asistencia e presentación de panel (se aplicable)
- De ser seleccionad@ para o obradoiro do venres 25, certificado de asistencia e comida

 

PASOS PARA INSCRIBIRSE:

1. Darse de alta na lista de correo da Rede Cons-Bio: lista de correo electrónico para a información e discusión sobre temas relacionados coa conservación da diversidade biolóxica.

2. Encher o formulario e envialo a consbio09@gmail.com indicando REGISTRATION como asunto da mensaxe. Se desexa participar no obradoiro do venres 25, por favor, achegue un breve CV (máximo dúas páxinas).

3. O comité organizador confirmará a asistencia, aceptación do panel e/ou participación no obradoiro antes do 13 de setembro de 2009.

 

Bolsas

Aos/ás participantes admitid@s nos talleres hánselle sufragar os gastos* de transporte e aloxamento unha vez finalizadas as Xornadas.

* Máximo de 100 euros para os asistentes que se despracen dentro de Galicia e máximo de 300 euros para asistentes que veñan doutros puntos de España ou do estranxeiro.

 

Comité organizador

Armando Caballero Rúa - Ana Mª González Tizón - Andrés Martínez Lage - Neus Marí Mena - Horacio Naveira Fachal - Alejandra Perina Cedrón - Nuria Remón Navarro - Verónica Rojo Oróns - David Seoane Miraz - Silvia T. Rodríguez Ramilo - Graciela Sotelo Fernández - Joaquín Vierna Fernández - Marta Vila Taboada - Miguel Vizoso Patiño

© 2007 Rede Galega de Conservación da Diversidade Biolóxica - Contacto: cons-bio@uvigo.es