|
Cuestionario do Comité de PDI-Laboral de Pontevedra aos candidatos a reitor |
|
|
|
|
|
Contratos con cargo a proxectos |
|
|
|
|
Escrito por Administrator
|
|
Xoves, 17 Xullo 2008 23:14 |
|
O
Comité de PDI-Laboral (PO) da Universidade de Vigo
INFORMA
Na
súa derradeira reunión e ante os problemas para a contratación de
persoal a cargo de proxectos, derivados exclusivamente dunha mala
xestión, INSTA á Xerencia da Universidade de Vigo á procura dunha solución
non gravosa para os grupos de investigación que garanta
todos os dereitos laborais do persoal investigador.
Así
mesmo, ANIMA aos
investigadores/as afectados a presentar as correspondentes demandas para facer valer os seus dereitos. Todos os sindicatos respresentados
no Comité (UGT, CIG e CC.OO.) explicitan o seu apoio a calquera
actuación neste sentido.
A
lei é de obrigado cumprimento para todas as empresas públicas
e privadas, o seu cumprimento non pode ir en detrimento da produción
científica ou dos dereitos laborais e salariais do persoal
investigador.
Web
do comité: http://webs.uvigo.es/comitepdi
CIG: http://webs.uvigo.es/cig
CCOO: http://webs.uvigo.es/ccoo
UGT:
http://webs.uvigo.es/ugt
|
|
Modificado o ( Xoves, 17 Xullo 2008 23:43 )
|
|
|
Escrito por Administrator
|
|
O Comité de Empresa do Persoal Docente e Investigador (PDI) é o organo de representación colectiva do Persoal Docente e Investigador con contrato laboral na Universidade de Vigo. Ten como función principal a de defender e representar os intereses laborais do PDI ante os órganos colexiados da Universidade de Vigo.
Na lexislación española o Comité de Empresa está regulado nos artigos 62 e 63 do estatuto dos traballadores. O Comité de Empresa do PDI-L da Universidade de Vigo constituíuse trala aprobación do convenio colectivo para o persoal docente e investigador laboral das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Dito convenio aplícase ao persoal docente e investigador (PDI) laboral que presta servizos retribuídos nas universidades públicas galegas con algunha relación xurídico-laboral nalgunhas das figuras reguladas na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro de universidades (LOU) e no Decreto 226/2002, do 6 de setembro, de contratación do profesorado universitario formalizadas en contrato asinado polo interesado e o reitor de cada universidade. |
|
Modificado o ( Sábado, 12 Abril 2008 18:17 )
|
|
|