O servizo de coche compartido é unha iniciativa da Universidade de Vigo coa que se pretende reducir o número de vehículos que se desprazan aos distintos campus da Universidade de Vigo (Ourense, Vigo e Pontevedra).
Nos últimos anos, preto de 9.000 vehículos están a circular e estacionar nas estradas do campus. A inmensa maioría deles (o 75%, concretamente), teñen un só ocupante. O consumo de combustible e a saturación dos aparcadoiros da Universidade degradan o ambiente e dificultan a vida diaria dos estudantes.
Que varias persoas usen un mesmo coche ten indubidables vantaxes relacionadas coa redución da contaminación. Se tan só se reducise nun 10 por cento o número de vehículos cun só ocupante que van ao campus, suprimiríanse 520 toneladas de CO2 equivalentes. Esta quizais sexa razón suficiente para consideralo. Pero é que, ademais, pensaches no diñeiro que podes aforrar? No tranquilo que estarás se non tes que conducir todos os días? e que me dis da posibilidade de coñecer xente diferente?
Pénsao, é ecolóxico, divertido, coherente, sostible e activo.
Aquí atoparás un formulario co que te poderás dar de alta no servizo. Rechea os teus datos personais e de contacto, dinos dende onde viaxas ata o campus, os puntos polos que adoitas pasar e os teus horarios semanais. Estes son os datos fundamentais, pois nos permitirán sabermos se hai máis persoas que partan do mesmo sitio ou se atopan nalgún dos puntos intermedios dos teus traxectos ás horas nas que ti te desprazas.
Deste censo extraeremos os datos dos teus posibles compañeiros de viaxe e poñerémoste en contacto con eles. Podedes compartir o vehículo, alternar na condución, repartir gastos... os detalles dependen de vós!
Teléfono de contacto: 986 81 40 41 Email de contacto: oma2@uvigo.es e oma@uvigo.es
|