UN PROGRAMA VALÍDASE POLO BALANCE PREVIO
 
A NOSA ACTUACIÓN
O NOSO PROGRAMA PARA O 2002
CANDIDATURA DE CC.OO.
VOTA CC.OO.
 
A NOSA ACTUACIÓN 94/98

TEMOS avanzado na formulación dun MODELO ALTERNATIVO DE UNIVERSIDADE: unha universidade  pública  de  calidade, ó servicio  da sociedade; lonxe do modelo neoliberal de competencia e elitismo.

Un  referente  teórico global é imprescindible para evitar unha  acción sindical  dispersa econxuntural.

Desde as nosas Xornadas Estatais PDI Santiago'95 ata  El País (-III-98), pasando polos documentos sobre financiamento, temos feito un continuado labor de reflexión e análise.

TEMOS elaborado PROPOSTAS CONCRETAS sobre os máis diversos aspectos, no marco do modelo de Universidade antedito:

Promoción:Reconversión da praza "ad personam" para a promoción do Profesorado Numerario.

Avaliación:Melloras nos mecanismos e criterios para a avaliación dos sexenios de investigación.

Convenios:Regularización dos convenios con entidades externas e da docencia extracurricular.

TEMOS desenvolvido unha acción combinada de NEGOCIACIÓN E PRESIÓN na Mesa Sectoriale demais instancias de negociación, para contrarrestar unhalexislación adversa que non recoñece o dereito de negociación colectiva do Persoal Docente e Investigador (nin sequera a obrigatoriedade dos pactos):

* Impulsando as mobilizacións de Dec'95, Nov'97 e Maio'98
* Disuadindo o MEC das súas intencións regresivas sobre modificación da LRU, contrapoñendo as nosas propostas positivas.

* Acordando  melloras  retributivas  parciais  (homologación dos Titulares de Escola U., docencia non universitaria ...), aínda pendentes de serenaplicadas.

TEMOS loitado, en particular, pola ESTABILIZACIÓN DO  PROFESORADO NON NUMERARIO:

* Lanzando primeiro a idea do PLU (Profesor Laboral de Universidade) epulando despois por unha proposta de lei que recibiu o apoio de máis do 45%dos deputados do Parlamento.

TEMOS organizado CAMPAÑAS COLECTIVAS DE RECURSOS contra certas aplicaciónsprexudiciais do Decreto de retribucións:

* Polo cobramento retroactivo de quinquenios (95, 96, 97)

* Polo sexto quinquenio (97, 98)

* Polo cómputo da interinidade nos 2 anos de carencia (97, 98)

* Polo recoñecemento da docencia non universitaria para os efectos de quinquenios (98)

TEMOS levado a iniciativa por reforzar o MOVEMENTO SINDICAL UNITARIOestreitando as relacións e colaboracións, non só coas demais organizaciónssindicais no seo das Xuntas de Persoal, Mesas Nego- ciadoras, etc.,senóntamén coas Coordinadoras de Profesorado Non Numerario e as diversas Asociacións Sectoriais de Profesorado Numerario.

TEMOS potenciado a presencia institucional do movemento sindicalnormalizando as relacións coa CRUE (Conferencia de Rectores) e cos partidospolíticos mediante Mesas Redondas, iniciativas parlamentarias, etc.

TEMOS potenciado as canles de INFORMACIÓN E PARTICIPACIÓN, engadindo ás tradicionais asem- bleas e boletíns CC.OO.-Informa, novidades como a "folla doluns", que leva xa con máis de 18 meses de puntualidade semanal, ou aspáxinas web en moitas das nosas seccións sindicais e difundindo filtra- cións(borradores LRU ...) e noticias tradicionalmente reservadas a círculosrestrinxidos

  O NOSO PROGRAMA PARA O 2002

SEGUIREMOS DEFININDO E CONCRETANDO o modelo de Universidade aberta,solidaria, integradora, singularizada, eficiente ... á que aspiramos.

SEGUIREMOS ELABORANDO E PROPONDO solucións para os problemas específicos.

SEGUIREMOS NEGOCIANDO E PRESIONANDO o MEC, as  Administracións  Autonómicas e os Recto- rados.

SEGUIREMOS LOITANDO E RECORRENDO contra das normativas inadecuadas e as súasaplicacións

SEGUIREMOS POTENCIANDO E APOIANDO o movemento sindical máis amplo e unitarioposible.

SEGUIREMOS INFORMANDO E ABRINDO canles de participación.

CON NOVAS PERSPECTIVAS

O Proxecto de Estatuto Básico da Función Pública prevé a elaboración dun ESTATUTO DO PROFESO- RADO UNIVERSITARIO específico, que permitirá revisar e agrupar a normativa laboral do profesorado actualmente espallada en:
* LRU
* Decreto de Retribucións do Profesorado Universitario
* Decreto sobre Réxime do Profesorado Universitario e outras de menor rango

Igualmente recoñece por fin o dereito á negociación colectiva doprofesorado, concretado a través de MESAS NEGOCIADORAS nos tres ámbitos de competencias:
* Mesa Estatal (LRU, sexenios ...)
* Mesa Autonómica (normativas autonómicas, cadros de persoal ...)
* Mesa de Universidade (convocatorias, condicións de traballo ...)

CON NOVAS IDEAS

Isto permite e obriga a novas ideas e propostas de carácter global:

Unha CARREIRA DOCENTE clara e flexible, que reduza e simplifique a estructura de corpos docentes, que combine e distinga selección,estabilización e promoción, mediante unha etapa de formación eesta- bilización, e a posterior progresión por méritos persoais segundo ascorrespondentes avaliacións.

Un SISTEMA RETRIBUTIVO que abranga:
* Unha retribución mínima digna en cualqueira categoría.
* A homologación das retribucións básicas.
* A mellora de niveis por méritos.
* Os complementos transitorios por exercicio de funcións.
* O complemento de productividade agrupado (docencia, investigación ...)

Un RÉXIME DE DEDICACIÓN que permita a Planificación Personalizada da Dedicación e a configuración dun catálogo de funcións académicas.

E tamén novas ideas e propostas de carácter sectorial e particular, como porexemplo:

Regularizar a situación dos bolseiros de investigación e asimilados mediantea creación da figura de PERSOAL INVESTIGADOR EN FORMACIÓN, non necesariamente vinculada á carreira docente.

Converter os actuais tribunais de oposición en COMISIÓNS DE PRESELECCIÓN, dexeito que a respon- sabilidade última da selección recaia sobre unha comisióndiversificada (Departamento, Centro, Comisión de Profesorado ...) dependenteda propia universidade.

Crear a HABILITACIÓN PARA A INVESTIGACIÓN EN "ÁREAS ESPECIFICAS", (as de diplomaturas sen segundo ciclo natural), como recoñecemento da capacidade deinvestigación e desenvolvemento nas ditas áreas, que ademáis permita oacceso a funcións de dirección e a cargos directivos.
 

CON NOVAS ENERXÍAS       CON NOVOS EQUIPOS           CON NOVAS ILUSIÓNS

 
 

 
 
 
 
CANDIDATURA DE CC.OO.
NOME
CAMPUS
CENTRO
1      Josefina Álvarez Andrés  Vigo Ciencias
2      Milagros Cavada Nieto  Ourense Humanidades
3      Rafael Durán Barbosa  Pontevedra Forestais
4  Ind.Susana Cruces Colado  Vigo Humanidades
5      Stuart John M. Nicholls  Ourense Empresariais
6      Nieves Redondo Álvarez  Vigo Ciencias
7      Karen Joan Duncan Barlow  Pontevedra Forestais
8      Julia Serra Rodríguez  Vigo ETSEI
9  Ind.Yolanda Herranz Pascual  Pontevedra Belas Artes
10     Patricia Silvia Mascuñán Tolón Vigo Traducción
11     Xulio Calviño Rodríguez  Vigo EUETI
12     Angel Faraldo Roca  Vigo EUETI
13     José Manuel Paredes Castañón  Ourense Dereito
14     José Santos Suárez  Vigo ETSET
15     Antonio López Castedo  Ourense Humanidades
16     Magadalena Barahona Martín Vigo Económicas
17     Carmen Becerra Suárez  Vigo Humanidades
18 Ind.José Carlos Bendicho Hernández  Vigo Ciencias
19     Antonio Palanca Soler  Vigo Ciencias
20     Xosé C. Álvarez Villamarín (Tuco) Vigo Económicas
21     Juan José Guirado Fernández  Vigo ETSEI
22 Ind.María Isela Lavilla Betrán  Vigo Ciencias
23     Manuel Varela Lafuente  Vigo Económicas
24     Jaime Alonso Carrera  Vigo Económicas
25 Ind.José Manuel Casas Miras  Pontevedra Forestais
 

VOTA CC.OO.
VOLVER A PÁXINA P.D.I.