C A C T I

Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación

 

Indice
UNIVERSIDADE
DE
VIGO

Principal Info Usuario Persoal Tarifas Servizos Novidades

     

 

NOAA HRPT
Dotación
Productos
Aplicacións

Dotación instrumental

O sistema de recepción NOAA HRPT está constituído polas seguintes partes:

Antena (e pedestal de recepción) na que se inclúen os motores de control da antena e que vai fixada a un soporte de formigón armado mediante un pedestal con parafusos. A antena está constituída por tres partes e o seu peso total é de 150 kg. 

Estas partes son:   

Dsc00393.jpg (127780 bytes)

  • Reflector
  • Unidade azimutal
  • Unidade de elevación

Especificacións:

Diámetro do reflector   

1,8 m 

Velocidade máx. do vento soportado   

200 km/h 

Velocidade azimutal máxima   

15 º/s 

Velocidade de elevación máxima   

7,5 º/s 

Liberdade de movemento: 
      Azimut 
      Elevación   


0º a 360º 
0º a 180º 

G/T para 5º de elevación   

>5 dB/ºK 

Marxe en elevación 0º   

3 a 4 dB 

Tipo de motor   

Motores de paso en cada eixo

 

Receptor NOAA-HRPT 

  • 2 canles de 1698 e 1707 MHz controladas automaticamente pola computadora de control
  • Segundo convertedor de baixa frecuencia para cada canle
  • Demodulador de fase
  • Sincronizador de bits
  • Sincronizador de páxinas
 

Servidor UNIX para a recepción e o almacenamento dos datos HRPT

  • Tarxeta de recepción
  • Unidade de cinta DAT de 4 mm e 12-24 GB
  • Software de recepción
    • Xestión de ata 99 satélites de órbita polar 
    • Recepción de datos e visualización de imaxes en tempo real
    • Xeración de diferentes formatos de datos 
      • HRPT estándar
      • HRPT empaquetado 
      • HRPT aumentado 
      • ESA-SHARK 
      • LAPAN-DECOM 
      • NASA SeaWiFS DCF 
  • Producción opcional de imaxes de baixa resolución
  • Transferencia de rede en tempo real a outros servidores remotos de arquivos 
  • Execución automática de arquivos de comandos 
  • Soporte para a automatización de arquivo en cinta e recuperación de pasadas HRPT 
  • Actualización automática de elementos orbitais 
  • Arquivos de diagnósticos e incidencias 
  • Axuste automático do reloxo do sistema a partir do tren de datos do satélite

 

Computadora de procesamento:

  • Manexo de datos APT, WEFAX, HRPT, CHRPT, PDUS, MDD e GVAR. 
  • Navegación polar 
  • Xeración de imaxes mediante a introducción de fórmulas definidas ou modificadas polo investigador/a utilizando calquera combinación de canles NOAA:
    • Imaxes preprocesadas (Quicklooks)
    • Datos HRPT en bruto
    • Imaxe AVHRR xeorreferenciada
    • Composición multibanda falsa cor xeorreferenciada
    • Reflectancia equivalente (albedo) xeorreferenciada
    • Temperatura de brillo xeorreferenciada
    • Mapas de Temperatura Superficial do Mar (SST) xeorreferenciada
    • Índice de vexetación de Diferencia Normalizada (NDVI) xeorreferenciada
  • Exportación dos datos numéricos correspondentes dun producto AVHRR (a unha folla de cálculo, por exemplo)
  • Proxeccións e máscaras DEM
  • Deconmutación e submostraxe de imaxes HRPT e CHRPT , con exportación a PCI, ERDAS, ENVI, ER-Mapper e formatos de nivel 1B.

 

Subir

 


Envíe un correo electrónico a con preguntas ou comentarios sobre esta web.
Para consultas sobre unha técnica específica contacte co persoal encargado do servizo.
Última modificación: 11-07-2008