| |||||||||||||
Taller de Mecanizado
A unidade de taller mecánico está deseñada para poder ofrecer, tanto á comunidade universitaria como a outros centros de investigación ou empresas da zona, a posibilidade da realización de pezas e accesorios para equipos industriais e científicos que requiran dun elevado grao de precisión no mecanizado ata a fabricación en pequenas series de elementos de sinxelo mecanizado. Este taller está a cargo dun técnico dunha grande experiencia en máquinas-ferramentas e que conta cunha excelente dotación de maquinaria e instrumentos, para poder acada-los obxectivos arriba escritos. |
|
|