|
Caracterización do fuel- Marea Negra do Prestige |
|
UNIVERSIDADE DE VIGO
|
Caracterización do fuel
Mostras do verquido recollidas no mar polo “Ailette” chegan ó CEDRE o 22 de novembro pola mañá para determina-la identidade química do producto. As análises efectúanse polo laboratodrio do centro. Por outra banda, SASEMAR tenta conseguir un tonel do producto orixinal, procendente de San Petersburgo. Esta mostra será de grande utilidade para coñece-lo seu comportamento nun canal de ensaios do CEDRE. O derivado do petróleo transportado polo Prestige é un fuel pesado, producto utilizado para dous tipos de aplicacións: a combustión industrial (en centrais térmicas, fornos, cemiterios), e a alimentación de buques propulsados mediante motores diesel lentos, de grande potencia. Os fueis pesados son os residuos da destilación do petróleo en bruto. Para facilita-la mestura dos residuos pesados da destilación, engádense ás veces fraccións máis lixeiras da destilación, denominadas “diluíntes” (" cutter stock "). En Francia existen catro categorías de fuel pesado (a partires das normas AFNOR [Asociación francesa de normalización] NF M 15-010 - NF M 15-013): - Fuel oil n°1 - Fuel oil n°2 (4% de contido máximo en S [xofre]) - Fuel oil n°2 BTS, de baixo contido en xofre (contido máximo de 2%) - Fuel oil n°2 TBS, de moi baixo contido en xofre (máximo de 1%) O fuel transportado polo Prestige é un fuel pesado nº 2, cun contido en xofre do 2.58%. Tamén se denomina fuel de adega e a súa denominación en inglés é "fuel-oil n°6". É un producto moi viscoso, considerado coma insoluble, cun cheiro característico a petróleo. COMPOSICIÓN QUÍMICA GLOBAL Mostras do verquido de fuel, recollidas no mar polo Ailette o 18 de novembro, chegan ó CEDRE o día 22 pola mañá para a medición das súas caracterísiticas físico-químicas, evalua-lo seu comportamento no mar e a súa persistencia no litoral. O contido en auga da mostra de fuel envellecido no mar (de 5 a 7 días antes da súa recuperación) é do 45%. Daquela, o fuel está formando unha emulsión cunha cantidade de auga cáseque igual ó seu peso. A viscosidade é un parámetro esencial a ter en conta á hora de escolle-las técnicas de loita contra o verquido no mar e o xeito de limpeza na costa. Un producto pesado coma o fuel do Prestige presenta unha grande viscosidade, volatilizándose pouco na atmosfera e disolvéndose pouco na auga. A viscosidade da emulsión é de 100 000 cP a 15 ºC e a súa densidade é 1.01, de xeito que permanece compacta (a xeito de manchas ou placas) na superficie da auga. Nas mesmas condicións, a emulsión procedente dos verquidos do Erika, cun contido do 50% de auga, tiña unha viscosidade de 60 000 cP. A mostra foi separada segundo as catro familias químicas que caracterizan un producto derivado do petróleo: - Os hidrocarburos saturados - Os hidrocarburos aromáticos - As resinas - Os asfaltanos Os resultados dos fraccionamentos dependen dos protocolos de análise empregados. Segundo a natureza e a polaridade dos disolventes usados, a separación das diferentes familias de compostos pode ser sensiblemente diferente, o que modifica as súas proporcións relativas. Os presentes datos son os primeiros resultados, que aínda se deben afinar e comparar cos obtidos por outros laboratorios. Composición química global dunha mostra de fuel envellecido do Prestige, recollida o 18/11/02 polo Ailette nunha mancha no mar.
Os primeiros resultados amosan que a composición global, comparada coas do Erika e o Baltic Carrier, está formada por unha fracción aromática menos importante que a do fuel procedente do Erika, e máis comparable á do fuel do Baltic Carrier.
COMPOSTOS AROMÁTICOS De xeito xeral, os compostos aromáticos dun hidrocarburo son os compostos potencialmente máis tóxicos (toxicidade aguda, efecto mutaxénico). A figura presentada eiquí embaixo amosa os contidos de compostos aromáticos que se poden identificar e cuantificar no fuel do Prestige.
Contido dos 16 HAP (Hazardous Air Pollutants) da lista da US E.P.A. (Environmental Protection Agency) e os seus derivados alquilos, así coma de certos compostos con xofre (Dibenzotiofeno).
A seguinte figura permite comparar como se reparten a mayoría destes compostos nos fueis pesados implicados nas tres grandes contaminacións mariñas máis recentes (Erika, Baltic Carrier e Prestige).
(Fontes. Erika : LPTC. Baltic Carrier e Prestige : CEDRE) En xeral, observase que o fuel do Prestige presenta contidos menores de compostos aromáticos que o do Erika. En troques, é moito máis rico en Dibenzotiofenos (D, D1, D2, D3). MARCADORES
Marcador hopano do fuel do Prestige (fonte : CEDRE)
A familia dos hopanos representa unha das marcas características dun hidrocarburo e permite a súa identificación no medio ambente.
Poluídromo: canal de ensayos do CEDRE |
|
Envíe unha mensaxe a
prestige@uvigo.es con preguntas ou
comentarios sobre este sitio Web
|