[Imagen del logotipo de la compañía]

          Mortandade- Marea Negra do Prestige

Atrás Principal Mapa Web

Atrás

 

UNIVERSIDADE DE VIGO

Estudio para estimar a mortalidade de aves mariñas causada polo Prestige

 

O impacto da marea negra do Prestige sobre as aves mariñas é evidente, a xulgar pola cantidade de aves petroleadas que chegan ó litoral galego e cantábrico. Malia todo, para sabe-lo total de aves afectadas, fai falta coñecer que proporción das aves que morren no mar chega finalmente ás praias. Para que a estima desta proporción teña certo rigor é preciso realizar probas experimentais.
Para isto, deseñouse un experimento na Universidade de Vigo
en colaboración coa Dirección Xeral da Natureza da Xunta de Galicia, que require da colaboración de toda a xente implicada na recollida de aves e na limpeza das praias: proximamente botaremos un total de 500 bloques de madeira en diferentes puntos en alta mar, á espera de ver cantos deles chegan a terra e o lugar onde arriban. Os bloques (ver fotos) levan unha placa de plástico cun código (A ou F, seguido de 3 números) e un teléfono de contacto.

Por favor, en caso de atopar algún destes bloques chamade a calquera dos teléfonos indicados neles (Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo, 986.813883 ou 647.343044).

 

Algunhas referencias de este tipo de experimentos

Flint & Flower 1998: Marine Pollution Bulletin 30: 165-166 PDF
Wiese & Jones 2001: Auk 118: 1062-1068 PDF

Atrás ] Aves Mariñas de Galicia ] Outros accidentes ] [ Mortandade ] Oficina de Medio Ambiente ] Corvo Mariño ]

Envíe unha mensaxe a prestige@uvigo.es con preguntas ou comentarios sobre este sitio Web
Última modificación: 27-03-2003. Dep. Ecoloxía e Bioloxía Animal. Alberto Velando