Claustro constituinte Universidade de Vigo 15-07-2010
O xoves 15 de xullo, celebrouse no Paraninfo da Universidade de Vigo, no Campus de Vigo, a sesión constituinte do Claustro universitario ao que asistiu gran parte dos seus membros. A sesión deu comezo ás 10:30 horas en segunda convocatoria e como primeiro punto da orde do día constituise a "mesa de idade".
O seguinte punto foi a elección dos membros da mesa do claustro por sectores.
Os tres seguintes pasos na orde do día fixéronse conxuntamente xa que en todos eran necesarias elccións: elección dos membros do Consello de Goberno, elección de membros da Comisión electoral e elección de membros da Comisión de reclamacións ó profesorado. Os resultados podes ollalos premendo aquí.
O candidato de CUCO, Jonathan Domínguez non foi elixido por unha diferenza de tan só 4 votos, polo que Ourense tan só ten dous representantes no Consello de Goberno, fronte os 6 de Vigo e ningún de Pontevedra. Estase á espera dos nomeamentos que realizará o Reitor da Universidade, un por cada estamento, co cal a eses 8 representantes de estudantes no Consello sumaráselle un máis designado por Salustiano Mato.
Unha vez rematadas as eleccións pechouse a sesión informando o Reitor de que o vindeiro día 26 sería a primeira reunión do Consello de Goberno.
Xunta da Facultade de Dereito 25-06-2010
O pasado día 25 de xuño celebrouse a primeira reunión da Xunta da Facultade de Dereito logo das eleccións do devandito órgano. Na reunión aprobáronse entre outras cousas as guías docentes para o vindeiro curso 2010/2011; os horarios, nos que CUCO, tentou facer algunhas modificacións atendendo ás demandas do alumnado, pero que non tiveron efecto xa que o profesorado se mostrou intransixente neste aspecto e tamén se aprobou o calendario de exames do vindeiro curso.
CUCO presentou unha proposta de calendario de exames para os cursos de terceiro, cuarto e quinto de licenciatura. Foi a única proposta realizada, xa que ninguén mais fixo alegacións ou propostas, a salvedade dos alumnos de grao que presentaron a súa proposta para o primeiro e segundo curso de grao. Ambas propostas foron aprobadas sen modificacións e podes consultalas nos documentos anexos á dereita.
Na reunión tamén se renovaron as comisións permanente e delegadas. A nosa representante María Álvarez resultou elixida para a Comisión de Grao e Posgrao.
Grazas a todos/as!!
Dende o Comité Universitario
do Campus de Ourense
queremos agradecer a todas as persoas que o día 20 de maio
se
desprazaron a votar ós colexios electorais. Especialmente
queremos agradecer a todos os estudantes que depositaron a
súa
confianza en CUCO,
porque
nós traballaremos para non defraudarvos e loitaremos coa
vosa
axuda e apoio, por un Campus de Ourense mellor e por unha Univerisade
máis plural e participativa.
Grazas o voso apoio CUCO conta cun representante no Claustro Universitario en Vigo, Jonathan Domínguez, que representará á Facultade de Dereito de Ourense. Ademáis cos vosos votos CUCO tamén obtivo representación nos Departamentos de Dereito Privado, con María Álvarez e Iris González e de Dereito Público, con Yaiza Ramos.
Na Xunta da Facultade de Dereito CUCO conta con María Álvarez como unha dos 10 representantes de alumnos.
Temos que aunar esforzos e apoiar os nosos representantes, proporcionándolles as ideas necesarias para facer cambios e dándolle o noso apoio na súa loita que, en definitiva, é a loita de todos.
Programa- preticionario do Comité Universitarido do Campus de Ourense (pdf)

