HISTORIA
O Comité
Universitario do Campus de Ourense (CUCO) nace o 23 de abril do ano
2009, por iniciativa dun grupo de estudantes da Facultade de Dereito do
Campus de Ourense. Estes alumnos compartían un
vínculo común que eran as ganas de traballar e de
levar a cabo actividades destinadas ao resto do estudantado do Campus
ourensán. Ademáis uníase outra vontade
que era a de ser a voz e representar aos alumnos, facendo que se
respeten os seus dereitos e buscando mellorar as súas
condicións na Universidade de Vigo.
Tras
diversas reunións e preparativos,
elaboráronse os Estatutos de C.U.C.O., aprobados o 23 de
abril de 2009, data na que se firma a acta fundacional da que resulta
elixida provisionalmente a seguinte Xunta Directiva: PRESIDENTE
D. Jonathan Domínguez Rodríguez,
VICEPRESIDENTA Dna. María Álvarez
Alvar, TESOUREIRA Dna. Iris González Requejo e
SECRETARIO D. Brais Muñiz Babarro.
O 14 de maio dese mesmo ano
celébrase a primeira
reunión oficial da Asociación CUCO, na que
resultan elixidos, dacordo cos Estatutos e por un período de
2 anos, os membros da Xunta Directiva provisional, ratificados por
unanimidade.
O seguinte paso foi a
inscrición no Rexistro Provincial de
Asociacións de Ourense, inscrición feita o 24 de
abril de 2009, co número 2009-12980-1. Tamén se
formaliza a situación na Facenda Estatal coa solicitude do
CIF, outorgado o 29 do mesmo mes. Posteriormente fíxose a
inscrición no Rexistro de Asociacións da
Universidade de Vigo, que data do 31 de xullo do 2009;
número de rexistro 104.
Con tódolos
trámites feitos comeza a
creación da nova "imaxe" do Comité Universitario,
elabóranse os logotipos, fomularios, modelos de actas e
todos os documentos oficias que se utilizarán.
Solicítase tamén, ao entón equipo
decanal, un espazo dentro da Facultade de Dereito para poder desenrolar
as nosas actividades, concedéndosenos un despacho no
3º andar do devandito edificio (despacho 23).
Co inicio do curso 2009/2010
aparecen novos socios, tanto da Facultade
de Dereito como da Facultade
de Turismo,
cos cales se impulsa a
creación dunha publicación de carácter
informativo/divulgativo en papel. A partir desta idea orixinal
comézase
a traballar no que se converterá na revista "Gassetia, a
Gaceta de CUCO".
O tempo adicado a facer posible esta gaceta foi moi grande,
así coma o esforzo por parte dos socios, e finalmente todo
iso cualla o 13 de outubro de 2009 cando sae á luz o
primeiro
número de Gassetia, cunha tirada de 175
exemplares
repartidos polos edificios xurídico- empresarial,
politécnico, de facultades e de física;
ademáis de repartilo por locales dos arredores e distintas
personalidades do Campus de Ourense.
A
publicación segue unha periodicidade mensual
e contén artigos e reportaxes de actualidade,entrevistas,
novas que non se contan nos mass
media e
unha axenda cultural coa oferta da cidade de
Ourense. No segundo número, xa son numerosas as persoas que
colaboran escribindo
para a Gaceta e moitas as entidades
privadas, entre elas a
Vicerreitoría do Campus, as que patrocinan con medios
económicos o custo dunha revista que no segundo
número xa alcanza a tirada dos 200 exemplares e
máis páxinas cheas de contidos.