Curso sobre Dereito a un Medio Ambiente axeitado, desenrolo urbanístico e económico e protección de sectores de poboación vulnerables

Tipo de curso: Curso académico- profesionalizante.

Lugar: Facultade de Dereito de Ourense.

Duración: 30 horas. Solicitados 2 créditos de libre elección e 1 ECTS.

Datas: 15 e 16, 22 e 23 e 29 e 30 de marzo de 2012. De 16:30 a 21:30.

Inscrición: Gratuíta. Enviar correo electrónico cos datos a dertic@gmail.com

Prazas: Limitadas: 50 persoas.

Coordinador: Roberto O. Bustillo Bolado.

O presente curso pretende estudar, dende unha perspectiva predominantemente xurídica, pero tamén multidisciplinar, a imbricación entre a protección do Medio e o desenvolvemento económico. Así mesmo, quere dar a coñecer a situación xurídica de sectores de poboación sensibles (persoas en situación de dependencia, menores, inmigrantes, etc.) e como se proxectan sobre eles todos os aspectos relacionados coa protección do Medio e do desenvolvemento económico. Ver tríptico


IV Xornadas Medio Ambiente e Dereito ambiental de Galicia

Xornadas con poñentes de alto nivel que debatiran sobre o Medio Ambiente e o Dereito Ambiental de Galicia, desde o 18 ata o 22 de outubro. CUCO colabora con estas xornadas organizadas pola asociación medioambiental Syme, que xa van pola súa 4ª edición e cun gran éxito participativo en anos anteriores.

LUGAR E DATA: Salón de actos da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense, do 18 ó 22 de outubro.

MATRÍCULA: Ata o venres 15 de outubro (inclusive). Entregar en horario de mañá na Secretaría do Decanato de Ciencias. É necesario o boletín de inscrición, fotocopia do DNI, xustificante de pago e fotocopia da matrícula para os alumnos da Uvigo ou fotocopia da tarxeta do INEM para os desempregados.

PREZOS: 20 € para o público en xeral; 8 € para os alumnos da Uvigo e desempregados e 5 € para os socios de Syme.

O prezo da dereito á inscrición no curso, ó material e a un desconto do 50% nas termas de Outariz, Chavasqueira e Prexigueiro. Ademáis sortearánse entre os asistentes masaxes.

Estas xornadas son validables por 2 CRÉDITOS DE LIBRE ELECCIÓN e por 1 ECTS para as titulacións de grao. Ademáis son PUNTUABLES PARA AS OPOSICIÓNS  de educación da Xunta de Galicia.

Descarga o tríptico de inscrición premendo aquí.

IV Xornadas Historia, cultura e dereito

"Manuel Blanco Romasanta: historia e lenda"

O Comité Universitario do Campus de Ourense (CUCO) colabora coa organización das "IV Xornadas Historia, cultura e dereito" que este ano versarán sobre "Manuel Blanco Romasanta". Esta actividade extraacadémica está dirixida polo profesor de Dereito Administrativo, Roberto Bustillo, vicedecano da Facultade de Dereito de Ourense.

O curso  celebraráse o 7 e 8 de maio de 2010 en Bande, para o que se pon a disposición dos inscritos un autobús gratuíto que sairá  os dous días dende a Facultade de Dereito. Tamén os inscritos que o desexen gozarán da comida de ámbolos dous días gratuítamente. 

A actividade pretende acercar a docencia universitaria ós concellos do rural ourensán. Ó largo destas xornadas os asistentes combinarán conferencias sobre aspectos históricos e de dereito, do sonado caso "Romasanta" cunha visita ós lugares nos que se cometeron os asasinatos.

Podedes ver o cartel e o programa premendo aquí (pdf)

Obradoiro "Cociña para emnacipados"

A Asociación universitaria CUCO (Comité Universitario do Campus de Ourense) oraganiza, coa colaboración coa Asociación cultural As Ortigas, o obradoiro "Cociña para emancipados", un curso de 30 horas destinado ós xóvenes que teñen que enfrontarse á cociña.

O obxetivo primordial do curso é ofrecerlles unha axuda ós estudantes á hora de cociñar para garantir unha boa alimentación, aglo que por outra parte se pon en dúbida pola pouca experiencia e polo pouco tempo do que dispoñen. Débido a isto o curso deseñouse baixo as máximas dunha cociña sinxela, rápida e barata. Con estas características garántese a preparación de pratos que requieren un esforzo e unha adicación mínimos, manchar pouco a cociña, todo o que nos leva a aforrar tempo e ademáis pratos asequibles para os endebles bolsillos dos estudantes.

Ademáis da preparación de diversos pratos que incluen carnes, pastas, peixes, verduras e legumes os alumnos aprenderán tamén como mercar de xeito intelixente buscando os mellores produtos ós mellores prezos, sabendo cales están frescos e cales non, produtos de tempada, conservas, conxelados, froitas e verduras... Tamén verán como se utilizan os diversos aparatos na cociña e os posibles usos: forno, microondas, batidora... Finalmente o derradeiro día do curso os alumnos tamén saberán como montar unha mesa especial, o protocolo para a vaixela e a cubertería, como facer centros de froitas, canapés, etc.

En definitiva, este curso preténdese que sexa unha arma para os xóvenes, arma que non lle ofrece a universidade de por sí e por iso son necesarias iniciativas coma esta para preparar o futuro de moitos.

OLLA O QUE DIN OS MEDIOS:

Nova en La Voz de Galicia 02 de marzo do 2010

Nova no Diario Oficial da Universidade de Vigo (DUVI) 05 de marzo de 2010

Nova en La Región 15 de marzo de 2010

Reportaxe da Televisión de Galicia 04 de abril de 2010

Proxecto "Gassetia, a Gaceta de Cuco"

A única revista universitaria do Campus de Ourense en papel, cunha tirada de arredor de 200 exemplares repartidos por todas as facultades e edificios do Campus. Inclúe diversos contidos e noticias en varios idiomas. Podemos destacar a sección "Profe dixit", artigo elaborado por docentes da Universidades de Vigo sobre materias concretas.

II Torneo de Futbolín "Cidade de Ourense"

Con motivo das festas do Corpus de Ourense do ano 2009, a Asociación CUCO, iniciou a súa andadura como asociación universiaria e cultural participando como entidade coorganizadora do II Torneo  de Futbolín "Cidade de Ourense".  O número de inscritos foi moi elevado e contouse coa presenza de Isabel Risco como árbitro total.

Podes ollar o vídeo premendo aquí.