Deu comezo o obradoiro de Cociña para Emancipados
O luns día 1 de marzo deu comezo o obradoiro "Cociña para emancipados" cun gran éxito participativo ó ser ocupadas as 20 prazas ofertadas. O encargado de "prender" os fogóns foi Isaac, que preparou unhas peitugas de polo en salsa de queixiños con guarnición de arroz pilaf. Podedes ollar a receita na sección CUCOciña.A vindeira clase correrá a cargo de Martín González e será no Hipermercado Haley, onde os alumnos aprenderán a mercar de xeito económico e intelixente, cómo buscar os mellores productos, cómo saber se están frescos, etc.
Olla as novas na prensa sobre o curso.
Benvidos á nosa web!
Dende o noso novo espazo web pretendemos ofrecerche toda a axuda que precises. Por iso estamos traballando para completar o noso portal con máis información e mellores páxinas.Un dos nosos obxetivos é axudar ós alumnos e para logralo traballamos para solucionarche todos os problemas que atopes na túa carreira. Neste empeño por facilitarche as cousas estamos a túa enteira disposición no noso enderezo electrónico, no noso enderezo postal e no noso teléfono. Por suposto tamén te podes por en contacto con nos a través do noso portal no apartado contacto.
TI es importante! A universidade depende de TI, das túas ideas, do teu inconformismo, da túa loita por mellorar aquelo que TI consideres importante, porque TI fas a universidade. É A TÚA CASA. | Gustaríache colaborar na realiazación de actividades, tales como xornadas, conferencias ou cursos? Queres formar parte da ÚNICA revista do Campus de Ourense? ANÍMATE | Asóciate! Traballa con nós, aprende e disfruta de todo o que ofrece a universidade. Non todo é estudo. Non pases pola universidade, deixa que a universidade pase por ti. |
"Red SOStible"
Nestos
días as referencias á Ley de Economía
Sostible son
moitas. Dende CUCO adherímonos á Plataforma "Red SOStible" xa
que entendemos que Internet debe seguir sendo o que ata agora, un medio
no que o abano de posibilidades culturais son infinitas.
Entendemos que o compartir arquivos en ocasións é a única maneira que se ten para chegar a contidos que os grandes conglomerados audiovisuais non dispensan. Dende aquí, avogamos por un cambio no modelo da industria audiovisual existente, facilitando descargas de forma legal, como xa sucede coa publicación de numerosas descargas de artistas musicais que son mercadas a tarifas reducidas, desde as páxinas dos artistas e discográficas.
Entendemos, asimesmo, que a propiedade intelectual non queda danada de ningún modo ó compartir arquivos e que a prohibición non acabará coa situación problemática da piratería. O discurso fatalista sobre a desaparición da propiedade intelectual chega repetíndose desde a aparición do "cassetes" de outrora.

Xa sabes, co teu
móvil, cunha cámara, o que sexa para evitar isto:

Foto: Alfonso Domínguez Pérez

Foto: Alfonso Domínguez Pérez

Foto
denuncia!