Dende a súa creación en 1991, a Universidade de Vigo consolidouse como un referente imprescindible para as tres cidades que acollen os seus campus.
A maior parte do Campus de Vigo atópase afastado do balbordo da cidade, mantendo no corazón da cidade algunhas instalacións docentes. Hai en total, 14 centros que ofrecen 29 titulacións.
As instalacións do Campus mesturan edificios docentes, administrativos, áreas residenciais e deportivas con complexos científicos e de ocio que enriquecen o día a día dos estudantes.